Actualidade
Buscador de novas
A Xunta colaborará coas tres universidades públicas no estudo da realidade galega en materia de conciliación e corresponsabilidade
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de asinar convenios coas universidades da Coruña, Santiago e Vigo para a realización dunha radiografía sobre a repartición das tarefas domésticas e de coidados entre mulleres e homes
A Xunta pon en valor o papel das mulleres rurais na economía galega e na dinamización do territorio
A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou en Navia de Suarna na inauguración da Caravana Cultural das Mulleres Rurais, referíndose a elas como “as verdadeiras protagonistas, os alicerces do noso sustento”
Gabriel Alén salienta as políticas de conciliación da Xunta na provincia de Ourense
O delegado territorial destacou que as Casas Niño son recursos gratuítos para as familias que se impulsan nos concellos máis pequenos -con menos de 5.000 habitantes- para contribuír a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar e, ademais, dinamizar a economía local para intentar fixar poboación nova no rural
Os directores xerais de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e de Maiores e Atención Sociosanitaria, xunto ao xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, mantiveron unha reunión técnica co presidente do organismo
A reunión, convocada a petición da Federación Galega de Municipios e Provincias, terá lugar na segunda quincena do mes de setembro
A Xunta destina 252.000€ á renovación da colaboración con ACNUR, UNRWA e a fundación UNICEF para actuacións no exterior de loita contra a violencia de xénero
Os convenios enmárcanse no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e na colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
A Xunta reabre mañá o espazo de lecer no campionato de surf Pantín Classic Galicia Pro para garantir a conciliación das familias asistentes
O Goberno galego apoia con 150.000 euros o programa cunha oferta de ocio dirixida a menores de entre 4 e 16 anos
A Xunta financia actividades de animación sociodeportiva da Federacion Galega de Fútbol en Narón ao abeiro do Plan Corresponsables
As actividades para nenas e nenos de entre 6 e 16 anos lévanse a cabo entre os meses de agosto e novembro no campo de Río Seco e no pavillón das Lagoas e estarán impartidas por técnicos titulados na modalidade de fútbol e na especialidade de fútbol sala
A Xunta e a Fundación Meniños renovan o convenio para a atención ás mulleres que sofren violencia sexual e ás súas familias
O programa, ao que a Xunta destina 140.000 euros, ofrece unha actuación integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero e cos familiares ou persoas da súa contorna
A Xunta acorda manter a quenda de garda psicolóxica para a atención 24 horas ás vítimas de violencia de xénero co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade renova co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) o convenio que se asina anualmente desde o 2018
Gabriel Alén pon en valor os case 1,3 M€ que a Xunta destina a programas de igualdade e conciliación na provincia de Ourense
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, salientou o apoio do Goberno galego con 1.267.901,40 a 68 concellos da provincia de Ourense no desenvolvemento de programas orientados a favorecer a igualdade entre mulleres e homes, fomentar a conciliación e a corresponsabilidade e para financiar o labor dos Centros de Información á Muller (CIM) como recursos de proximidade