Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

12/01/2024 | 10:45 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe a convocatoria das axudas destinadas a fomentar a contratación de seguros agrarios, cun orzamento de 8,5 M€

A orde entrará en vigor mañá e a persoa asegurada poderá formalizar as correspondentes pólizas, o que se considera solicitude de axuda, sempre que se realice dentro dos períodos de subscrición establecidos pola normativa e se achegue a información necesaria para que sexa efectiva

11/01/2024 | 14:14 | C. do Medio Rural

A Xunta destina algo máis de 4 millóns de euros para promover o uso de maquinaria agrícola en réxime asociativo, con 36 beneficiarios nesta convocatoria

O obxectivo destas axudas é promover o uso de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, impulsar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego e racionalizar os custos de mecanización

11/01/2024 | 12:28 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca axudas de compensacións complementarias por lucro cesante e á reposición de gando

As achegas contan cun orzamento de 125.000 euros e están destinadas ás explotacións de gando bovino, ovino e cabrún nas que por orde da autoridade competente se levou a cabo o sacrificio de animais

11/01/2024 | 11:55 | C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 3,5 M€ ás axudas para a realización de actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos no mercado interior

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución coas bases reguladoras e a convocatoria destas subvencións
 

10/01/2024 | 12:20 | C. do Medio Rural

O DOG publica a orde de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de gando, que entre outras doenzas inclúe a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE)

A convocatoria está dotada con 974.268 euros e abrangue tamén o sacrificio obrigatorio por outras doenzas como a tuberculose, a brucelose, a leucose ou a lingua azul no gando vacún, ovino e cabrún

09/01/2024 | 20:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Os gandeiros galegos poden solicitar desde mañá as axudas para instalar valados fixos ou contratar persoas coidadoras para previr os danos do lobo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe tanto a orde de achegas para a contratación de persoas coidadoras de gando extensivo como a de adquisición e instalación de cerramentos como medidas preventivas de protección das reses

09/01/2024 | 12:38 | C. do Medio Rural

O concello de Friol acollerá en xuño a primeira edición das “Olimpíadas Rurais de Galicia”

Esta cita combina xogos tradicionais e deporte nunha ampla programación que tamén inclúe gastronomía ou música, celebrarase en diferentes puntos do concello Friol o 28, 29 e 30 de xuño, coa participación dun máximo, en principio, de 24 equipos

09/01/2024 | 10:49 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe a convocatoria de axudas para certames de gando bovino selecto organizados polos concellos galegos, dotada cun total de 200.000 €

A finalidade destas achegas é promocionar e difundir este tipo de eventos, aumentar a rendibilidade das explotacións gandeiras, fomentar a súa modernización e a mellora da eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións