Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.195 novas:

17/07/2024 | 14:46 | A Presidencia da Xunta

Alfonso Rueda e José Tomé acordan impulsar a colaboración en infraestruturas, servizos sociais, emerxencias e turismo

O presidente da Xunta solicítalle formar unha fronte común para demandar unhas conexións máis eficientes para a provincia

17/07/2024 | 14:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinará 200.000 euros á erradicación de especies invasoras no parque natural Monte Aloia

Marisol Díaz explica que se actuará en preto de 26 hectáreas para a eliminación da acacia negra (Acacia melanoxylon)

17/07/2024 | 14:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta concede 53 bonos de innovación para mellorar a capacidade innovadora de 48 pemes galegas e entidades do terceiro sector social

Os beneficiarios poderán contratar servizos de apoio á innovación como o desenvolvemento de novos produtos ou de xestión de financiamento á I+D+i

17/07/2024 | 14:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e concello de Riós selan o acordo para a reforma de rúa en Fumaces, mellorando a accesibilidade neste núcleo do municipio polo que pasa a Vía da Prata

A actuación, que suporá un investimento de preto de 307.000 €, forma parte do Plan Hurbe impulsado pola Xunta, co que se contribúe a promover o desenvolvemento dos núcleos rurais da comunidade, como motores de dinamización

17/07/2024 | 14:36 | C. de Política Social e Igualdade
17/07/2024 | 13:57 | C. de Sanidade

A Xunta e o Concello de Vedra colaborarán na reforma interior e na renovación das envolventes do centro de saúde da localidade

O Executivo galego achegará o 80% dos arredor de 600.000 euros que se estiman necesarios para a reforma integral do interior do edificio e para mellorar enerxeticamente a infraestrutura, actuando nas fachadas e na cuberta

17/07/2024 | 13:45 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño anuncia o inicio mañá das obras do novo laboratorio de microbioloxía e da área de cardioloxía do Hospital de Monforte ás que a Xunta destina 1 M€

Avanza a previsión da Xunta de licitar este ano o Plan director de reforma integral do hospital, que suporá a reestruturación de 10.000 metros cadrados para habilitar espazos máis amplos, modernos e funcionais

17/07/2024 | 13:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O consello de administración de Sogama aproba actualizar o canon pola xestión de residuos de 2024

O importe medio a pagar este ano por parte dos 295 concellos que envían os seus residuos a Cerceda queda fixado en 66 euros por tonelada

17/07/2024 | 13:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca como as empresas galegas están integrando a cultura da eficiencia enerxética, e pon Levgranite como exemplo

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitou hoxe esta empresa especializada na comercialización de granito, beneficiaria da liña de axudas que, novamente este ano, a Xunta acaba de convocar para promover o aforro e a eficiencia enerxética no tecido empresarial

17/07/2024 | 12:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza hoxe as obras de mellora do firme na estrada AC-566 ao seu paso polos concellos de Valdoviño e Cedeira

A actuación forma parte do contrato de acondicionamento da capa de rodaxe en 3 estradas autonómicas no seu percorrido por 7 concellos da comarca de Ferrolterra, cun investimento que rolda os 1,5 M€