Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

03/11/2023 | 12:08 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda destaca os lazos entre Galicia e Wakayama e comprométese a reforzar os máis de 25 anos de colaboración existentes con esta rexión xaponesa

O pulo á promoción turística, vencellada cos camiños de Santiago e Kumano Kodo, e aos intercambios xuvenís entre ambas rexións foron abordados neste encontro

02/11/2023 | 15:06 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 7,2 M€ na conservación e posta en valor de 44 bens da Ribeira Sacra para impulsar a súa candidatura a patrimonio mundial da Unesco

Lembra que do 6 ao 8 de novembro celebrarase en Santo Estevo de Ribas de Sil un congreso con expertos nacionais e internacionais para relanzar a candidatura

02/11/2023 | 12:15 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destina máis de 66 M€ para reforzar a sustentabilidade na Ruta Xacobea de cara ao Ano Santo 2027

Xosé Merelles refírese aos avances feitos na xestión ambiental e enerxética e de sensibilización, que continúan no Plan Director dos Camiños de Santiago 22-27
 

01/11/2023 | 12:58 | C. do Medio Rural; C. do Mar; C. de Economía e Industria

A Xunta participará no Fórum Gastronómic de Barcelona promocionando os produtos galegos con marca Galicia Calidade

No evento, que se celebrará na capital catalá do 6 ao 8 de novembro, participarán 25 expositores e 26 empresas e produtores de varios sectores agroalimentarios e do mar galegos, recoñecidos baixo a marca Galicia Calidade ou en proceso de certificación

01/11/2023 | 12:18 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles salienta a oportunidade do Fairway para debater e avanzar na xestión sustentable da ruta xacobea

O director de Turismo de Galicia participa na inauguración desta feira, que se desenvolverá ata o venres en Santiago de Compostela co apoio da Xunta de Galicia

31/10/2023 | 14:08 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta avanza os resultados da enquisa de residentes que revela que un 90 % dos galegos valora positivamente a actividade turística no seu municipio

Segundo esta sondaxe anual elaborada pola Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia, a valoración global sobre o turismo mantense positiva en Galicia

31/10/2023 | 13:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén destaca que Xantar amosa os mellores produtos gastronómicos de Galicia

O delegado territorial subliñou que “a gastronomía é o espazo transversal a todas as familias e todas as rexións; onde, a carón dunha mesa, sempre acadamos puntos de encontro satisfeitos do que poñemos enriba dela, porque, entre outras cousas, nós sabemos comer ben xa que posuímos produtos extraordinarios dos que sempre dá conta Xantar”

31/10/2023 | 12:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias destaca que 70 negocios lucenses xa se sumaron aos bonos turísticos da Xunta, que poden gastarse ata o 25 de decembro

O delegado territorial de Lugo explica que ata o 1 de decembro poden seguir incorporándose máis establecementos á campaña, que busca manter a boa afluencia de viaxeiros fóra da tempada alta

30/10/2023 | 13:37 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta salienta o “excelente” comportamento do turismo con máis de 5,7 millóns de viaxeiros aloxados este ano e un crecemento superior ao 6%

Xosé Merelles valora os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística que constatan “a boa evolución cuantitativa e cualitativa”

28/10/2023 | 11:01 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles salienta a aposta da Xunta por consolidar Galicia como destino turístico sustentable e diversificado

O director de Turismo de Galicia participa na inauguración do III Encontro Nacional de Pueblos Mágicos de España que se celebra en Cambados