Actualidade
Buscador de novas
As achegas da consellería de Sanidade ao plan integral de tabaquismo amosan o compromiso de Galicia coa diminución do consumo de tabaco
Promover o cesamento tabáquico e a prevención do seu consumo é un obxectivo prioritario para a Xunta de Galicia
O Sergas publica a relación provisional das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario
Xeráronse un total de 3.926 inscricións
A Xunta ultima o traslado provisional dos servizos administrativos do CHUAC a EXPOcoruña
O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, visita EXPOCoruña e sinala que a execución destes traballos posibilitará avanzar coas obras de demolición do Hotel de Pacientes
A Xunta oferta o maior número de prazas de formación sanitaria especializada da historia de Galicia
O número de prazas ofertadas increméntase en 18 respecto do exercicio anterior, ata acadar os 638 profesionais con titulación universitaria
Galicia consolídase coma referente na prevención da saúde co inicio dun programa piloto de cribado de cancro de pulmón na Coruña
O programa, artellado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, vai dirixido a persoas de alto risco de entre 55 e 74 anos que sexan grandes fumadoras ou deixaran o hábito hai menos de 10 anos
A consellería de Sanidade e ADOS salientan a excelente resposta da cidadanía galega nas campañas de doazón de sangue do 2023
Melide, Meira, Xinzo de Limia e Salceda de Caselas son os concellos con maior índice de participación en cada unha das provincias galegas
A Xunta destina 150.000 € para o financiamento do convenio con ASPANEPS
O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, remarca o valor que ten o traballo que leva a cabo esta asociación, non só con nenos e adolescentes, senón, tamén, coas súas familias
A Xunta ofreceu xa a preto de 90.000 mulleres participar no cribado de cancro de cérvix que funciona en toda Galicia
O Goberno galego completou a finais de 2023 a súa extensión ás sete áreas sanitarias
O 061 de Galicia asistiu 41 persoas por 37 accidentes de tráfico durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 22 de marzo ata as 23,59 horas do domingo, 24 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 45 chamadas por accidentes de tráfico
Continúa a tendencia descendente da tuberculose en Galicia
A nosa comunidade rexistrou durante o ano 2022 un total de 308 casos desta enfermidade, e os datos provisionais de 2023 reflicten a continuidade desta tendencia decrecente