Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

14/09/2023 | 11:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que todas as empresas deben contar cun protocolo de acoso sexual e artellar medidas específicas para previlo

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, inaugurou esta mañá en Santiago de Compostela unha xornada informativa sobre a prevención do acoso no ámbito laboral

13/09/2023 | 15:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo compromete políticas de apoio ás vítimas e para a educación das persoas mozas co obxectivo de erradicar a violencia de xénero na comunidade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade aseverou ante o Pleno do Parlamento que Galicia ofrece recursos para un futuro libre das vítimas

12/09/2023 | 15:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta porá en marcha unha ferramenta informática de acceso e intercambio de datos entre as oficinas de atención ás vítimas e outros órganos implicados nos procesos xudiciais

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, presidiron esta mañá a reunión da Comisión Mixta de Coordinación entre a Xunta e o Ministerio Fiscal

12/09/2023 | 11:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta quere impulsar o papel dos centros de información á muller para prestar atención directa e experta ás persoas LGTBI

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, asistiu á xuntanza do Observatorio contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero

10/09/2023 | 11:09 | C. do Mar

Galicia participa nun foro internacional sobre o rol que xogan as mulleres nas pesqueiras de Iberoamérica

Profesionais de diferentes sectores e países de Centroamérica, Sudamérica, España e Portugal debateron e compartiron experiencias sobre os retos e oportunidades para acadar a igualdade de xénero na actividade pesqueira

10/09/2023 | 11:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta garante a atención integral das mulleres xordas que sofren violencia de xénero en acordo coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade apoia con 20.000 euros as medidas da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) para ofrecer atención adaptada ás necesidades das mulleres xordas e xordo-cegas

09/09/2023 | 10:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta traballa con Acadar e Cogami no deseño de iniciativas para combater a violencia dixital contra as mulleres con discapacidade

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, mantivo un encontro con representantes de ambas as dúas entidades coas que colabora desde hai anos para apoiar a integración social e laboral e previr as violencias que atentan contra este colectivo

07/09/2023 | 18:14 | C. de Política Social e Igualdade

O programa Vacacións en familia da Xunta acadou cifras récord con máis de 12.000 pernoitas

En concreto, incrementouse o número de participantes nun 27% con respecto ao ano pasado e superouse por vez primeira na última década a barreira dos 2.000 beneficiarios

07/09/2023 | 17:58 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a colaboración público-privada para impulsar o desenvolvemento rural e a integración social no agro

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural visitou as instalacións de Amicos, asociación sen ánimo de lucro dedicada á atención e integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise, dano cerebral e ás súas familias

07/09/2023 | 13:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abrirá un espazo de lecer no festival de cine ‘FICBUEU’ para facilitar a conciliación de familias que asisten ao certame

O servizo porase ao dispor das persoas interesadas entre os días 11 e 16 de setembro en horario de serán no Centro Social do Mar desta localidade