Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 367 novas da área temática Emerxencias:

09/04/2023 | 18:52 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez, parroquia do Freixo

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 23 hectáreas provisionais

05/04/2023 | 10:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca seis cursos para persoal das forzas de seguridade no marco dun convenio entre a Agasp e o Sindicato Unificado de Policía

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa que prevé o acordo para este primeiro semestre, con 370 prazas

05/04/2023 | 09:56 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia pídelles precaución aos condutores nos desprazamentos durante a Semana Santa

Resulta fundamental o uso da App Sergas Móbil para chamar ao 061 porque permite xeolocalizar a súa chamada e axilizar así a localización do lugar do sinistro

03/04/2023 | 11:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os GES de Brión, Curtis, Ortigueira e A Estrada reforzan as súas dotacións de rescate co apoio da Xunta

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na entrega de catro equipos de excarceración que supoñen un orzamento global superior aos 227.500 €

31/03/2023 | 17:57 | C. do Medio Rural

Galicia envía un operativo para contribuír á extinción dos incendios que afectan distintas localidades de Asturias

En concreto, a Xunta desprazará máis dunha vintena de efectivos, dúas motobombas e sete vehículos lixeiros do Servizo de prevención e extinción, así como un camión cisterna da Axencia Galega de Emerxencias e un dron para coordinar operacións

30/03/2023 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o equipamento dos GES de Monterroso, Cangas, Muíños e do Servizo Municipal Terras de Celanova con equipos de excarceración

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na entrega deste material que suma un orzamento de case 178.000 €

30/03/2023 | 10:40 | C. do Medio Rural

A Xunta desactiva a situación 2 no incendio forestal de Baleira, parroquia de Cubilledo, ao remitir o perigo para os núcleos de poboación

Esta situación operativa decretouse onte pola tarde debido á proximidade do lume ao núcleo do Fórneas

29/03/2023 | 19:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
29/03/2023 | 15:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Deputación de Ourense aproban a memoria económica que avala a xestión directa nos catro parques de bombeiros do consorcio provincial

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou no pleno extraordinario no que se abordou o documento elaborado pola comisión de estudo técnico-xurídico que agora sae a exposición pública