Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

16/01/2024 | 10:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor as políticas a prol do emprego para o desenvolvemento e a fixación de poboación no rural

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe o programa de conciliación de Boborás, do que se beneficia alumnado do CEIP Nosa Señora de Xuvencos
 

15/01/2024 | 19:19 | C. do Medio Rural

A Xunta lamenta que o Goberno central manteña o veto á rebaixa do IVE á carne e ao peixe mentres si contempla o do aceite: “É unha medida completamente discriminatoria”

Ademais, a Xunta demanda ao Goberno central que respecte os compromisos adquiridos cos regantes no que atinxe ao financiamento do regadío da Limia

15/01/2024 | 10:44 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe a convocatoria das axudas para as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras cun orzamento de 2,28 m€

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe estas axudas, que subvencionarán os programas de planificación zoosanitaria que se desenvolvan entre o 1 de marzo de 2024 e o 28 de febreiro de 2025

14/01/2024 | 10:08 | C. do Medio Rural

Os gandeiros interesados en facer uso do servizo de matadoiro móbil da Xunta poderán solicitalo a partir de mañá chamando ao teléfono 982 251 201

Tendo en conta as súas demandas, organizaranse as rutas do matadoiro, procurando sempre optimizar este recurso

13/01/2024 | 11:11 | C. do Medio Rural

Segue aberto o prazo para solicitar as axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, dotadas cun total de 30 millóns de euros

Esta orde da Consellería do Medio Rural busca incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia e destinadas a tal fin

13/01/2024 | 10:01 | C. do Medio Rural

A Xunta remata as obras do taller mecánico de defensa do monte en Botos, no concello de Lalín

As actuacións contaron cun investimento de case 1,3 millóns de euros para reformar o taller mecánico para vehículos e motobombas

12/01/2024 | 15:38 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

Rueda destaca o papel da mocidade á hora de avanzar na modernización das explotacións gandeiras e manter a calidade dos produtos galegos

Salienta a importancia de garantir a remuda xeracional no agro e que mozos e mozas aposten por emprender e desenvolver o seu proxecto vital no rural

12/01/2024 | 12:10 | C. do Medio Rural

A Xunta e os consellos reguladores das denominacións de orixe de viño de Galicia avalían as axudas para o fomento de seguros agrarios neste sector

O conselleiro do Medio Rural e outros responsables do seu departamento reuníronse con representantes das entidades vitivinícolas para analizar estas achegas

12/01/2024 | 11:27 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca axudas para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, dotadas con preto de 2,4 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de axudas que se destinarán para accións de divulgación, ademais de potenciar as asociacións sen ánimo de lucro que comercializan produtos forestais e a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta