Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana remarca a aposta pola industria aeroespacial coa súa integración na política industrial da Xunta
Apunta que se trata dun sector cunhas enormes posibilidades de crecemento, que achega un indubidable valor engadido á industria galega en termos de innovación tecnolóxica, competitividade, diversificación e emprego cualificado
A Xunta aborda os principios da política do urbanismo de Galicia nun congreso en Guimarães
A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, participou hoxe xunto a expertos das administracións e da universidade no Seminario Luso-Galaico sobre o Réxime Xurídico das Actuacións nos Solos Rurais e as Vilas de Galicia e Norte de Portugal
A Xunta apoia a través de Fest Galicia a experiencia de música, gastronomía e patrimonio do 17º Ribeira Sacra
O evento é unha das citas musicais que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude impulsa mediante a adhesión á súa marca de calidade para os festivais galegos
A Xunta sacará a concorrencia pública a xestión do polígono agroforestal de Oímbra en setembro
Así o anunciou a conselleira María José Gómez nunha visita a este municipio ourensán, coincidindo coa publicación hoxe no DOG da proposta de aprobación do proxecto básico deste polígono
A Xunta adxudica por máis de 7,2 M€ a execución das obras de mellora da capacidade e seguridade da LU-540 entre Viveiro e Cabreiros
Esta intervención suporá un investimento global de 8,2 M€, tendo en conta as expropiacións, e levarase a cabo entre os quilómetros 5+000 e 20+090 desta vía autonómica, nos municipios de Viveiro e Ourol
A Xunta reivindica a importancia de que todas as cidades galegas teñan un xulgado específico de violencia sobre a muller
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou ás seis mulleres vítimas destes últimos días en España durante á visita o Xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña
José González destaca o papel da Fundación Laboral da Construción na formación e impulso á cobertura de vacantes no tecido económico galego
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a sede galega desta entidade, onde remarcou a aposta da Xunta polas microformacións para atender ás necesidades das empresas galegas e favorecer a súa competitividade
A Xunta destina máis de 19 M€ á mellora de camiños rurais, con 583 actuacións nos concellos galegos
María José Gómez fixo balance das actuacións realizadas arredor desta iniciativa no municipio de Carballedo, que contou cun orzamento de preto de 90.000€ a pasada convocatoria e tamén recibirá unha axuda similar para o período 2024-2025
‘Atardecer no Gaiás’ convoca ao público a bailar esta semana cos grupos A Pedreira e Mandale Mecha
Ugia Pedreira, unha das voces máis célebres de Galicia, presentará na Cidade da Cultura o seu último disco en solitario, ‘Basal’, o xoves 18 de xullo