Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 170 novas da área temática Territorio:

27/03/2024 | 13:20 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia os traballos da parcelaria de Cristimil, en Lalín, que suporán a reestruturación de 456 hectáreas de 234 veciños

Despois da fase de decreto, van comezar agora os primeiros labores de levantamento topográfico e obtención dos planos parcelarios, así como da preparación das bases e do plan de ordenación de predios de especial vocación agraria, cun investimento de 162.000 euros

26/03/2024 | 13:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta pola conservación de monumentos naturais de Galicia como a praia das Catedrais, que conta xa con case 13.700 reservas para Semana Santa

As rexistradas ata o momento roldan esa cifra, polo que se agarda que, malia as malas previsións meteorolóxicas, o número final se achegue á media dos últimos anos, de arredor de 20.000 visitantes

25/03/2024 | 14:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abre ao público o primeiro museo de arqueoloxía de Ons para dar a coñecer os restos patrimoniais atopados na illa nos últimos anos

Ángeles Vázquez salienta que grazas aos traballos executados pola Universidade de Vigo co apoio do Goberno galego hoxe é posible “reconstruír” parte da historia do arquipélago e do modo de vida e os costumes dos seus primeiros habitantes

20/03/2024 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ana Ortiz pide ao Concello de Vigo que reclame os informes de Aviación Civil e Telecomuniacións ao Goberno central para avanzar na tramitación do PXOM

A delegada territorial da Xunta solicita ao Goberno municipal que esixa as autorizacións que aínda están pendentes

16/03/2024 | 11:07 | C. do Medio Rural

A Xunta aproba a fase de reestruturación da parcelaria de Val-Bermés-Sello, en Lalín, para ampliar en máis do triplo a superficie media dos predios

Este proceso, nunha superficie de 1.893 hectáreas, permitirá pasar de 5.334 parcelas, de 788 propietarios, a 1.502 fincas, ao mesmo tempo que se incrementa en máis do triplo o tamaño medio de cada unha delas ata os 12.419 m²

07/03/2024 | 15:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial supervisa o resultado da humanización da contorna da Capela do Carme, en Cuspedriños

As obras foron posibles grazas a un investimento de 48.000 euros por parte da Xunta

05/03/2024 | 12:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aproba de forma inicial o Plan Básico Municipal de Alfoz para ordenar de xeito eficaz e responsable o seu territorio

Ángeles Vázquez salienta que é o sétimo municipio lucense en superar este trámite para contar cunha ferramenta que ten como obxectivo impulsar unha ordenación urbanística sostible dos concellos de menos de 5.000 habitantes

04/03/2024 | 14:07 | C. do Medio Rural

A Xunta define os plans de dinamización das aldeas modelo coma “unha referencia sólida” para impulsar un deseño xeral de rexeneración dos núcleos rurais

José González debullou os requisitos básicos para desenvolver estes núcleos, que pasan polo súa rehabilitación integral, o impulso da actividade económica, a planificación preventiva fronte aos incendios e a aposta polas “aldeas intelixentes”