Actualidade
Buscador de novas
Román Rodríguez supervisa as obras de ampliación do CIFP Vilamarín, que este ano suma dous ciclos de FP na modalidade dual intensiva
O conselleiro de Educación visita a obra na que a Xunta inviste 800.000€ e que se prevé completar a finais do último trimestre do ano
A Xunta recoñece a excelencia de 448 universitarios cos premios Ángela Ruíz Robles
Van dirixidos ao alumnado de grao coas mellores cualificacións nas universidades galegas, agás no último curso, no que se outorgan os Premios Fin de Carreira
O delegado territorial da Xunta supervisa o estado das obras de mellora de eficiencia e funcionalidade do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova
Manuel Pardo destacou que as obras contan cun investimento do Goberno galego de máis de 1,1M€
Un total de 102 investigadores predoutorais súmanse ás universidades públicas e outros organismos cun contrato financiado pola Xunta
O Goberno galego inxecta case 12M€ máis neste programa, elevando a 347 os investigadores predoutorais con apoio da Administración autonómica
Román Rodríguez salienta a contribución do centro mixto de investigación de Cetaqua e Viaqua á economía circular e á sustentabilidade
O conselleiro visita a EDAR de Ourense para coñecer os proxectos de I+D+i que están a desenvolver a empresa e o centro de apoio á innovación tecnolóxica
Un total de 40 empresas de toda España presentan propostas innovadoras para despregar o proxecto EdugalIA sobre intelixencia artificial no ensino
A Consellería de Educación expón os resultados da consulta preliminar do mercado co fin de buscar tecnoloxías para a posta en marcha do programa, para o que non hai ferramentas preexistentes que fagan fronte aos seus desafíos
Román Rodríguez afirma que a oferta de FP no Salnés é unha garantía de futuro e traballo para a mocidade
O conselleiro de Educación presenta a oferta da comarca, que medra un 9 % ata as 1.525 prazas, aos alumnos dos obradoiros de emprego do Concello de Vilanova
Román Rodríguez subliña que a avaliación de estudos como PISA é imprescindible para mellorar o ensino
Sinala a súa utilidade para medir o éxito das políticas públicas no ensino e planificar os reforzos que encamiñen o sistema cara á excelencia académica
A Xunta mantén o seu compromiso coa Escola Superior de Arte Dramática, en Vigo, e prepara novas actuacións de mantemento do centro
O conselleiro de Educación explica que o investimento en melloras se eleva a máis de 225.000€, incluíndo a nova obra que se vai realizar para solucionar filtracións
Román Rodríguez celebra a ABAU común como un éxito de Galicia logo de seis anos de reivindicacións
O conselleiro de Universidades defende realizar esta proba seguindo uns mesmos criterios para “garantir a igualdade de oportunidades de todo o alumnado”