Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 86 novas da área temática Audiovisual:

29/02/2024 | 15:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A filmoteca de Galicia celebra o Día da Muller durante todo o mes de marzo con 26 traballos de dirección feminina

A nova edición do ciclo ‘Olladas de muller’ inclúe 15 títulos e ábrese o día 5 cun coloquio con Jaione Camborda e Laura Ferrés seguido da proxección das curtas Rapa das Bestas e Los desheredados

28/02/2024 | 16:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O colexio Felipe de Castro, de Noia, desenvolve estes días o programa da Xunta ‘Cinema con perspectiva’, de concienciación sobre a igualdade de xénero

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa visita as actividades desta iniciativa, que inclúen a proxección de curtas, coloquios e obradoiros

22/02/2024 | 14:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta activa unha nova liña de subvencións para incubadoras e residencias audiovisuais cun investimento de 200.000€

Rueda salienta que se suma de xeito extraordinario ao programa de axudas ao sector para 2024, a través do cal a Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades investirá máis de 5,8 millóns de euros nas diferentes fases do proceso audiovisual

21/02/2024 | 12:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta unha nova edición do catálogo ‘Films from Galicia’ con información sobre 75 producións galegas para cine e televisión

A Axencia Galega das Industrias Culturais comeza a difusión da escolma deste ano no 36º European Film Market que se celebra estes días en paralelo á Berlinale

13/02/2024 | 15:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Hub audiovisual da Xunta acadou un impacto económico de máis de 32 M€ e executou 109 proxectos, segundo un estudo presentado pola USC

Permitiu a creación de 777 empregos anuais, a mobilización de 28,5 M€ a través da actividade transversal xerada e o retorno duns catro euros por cada euro investido

20/01/2024 | 11:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O encontro 'Conecta +' achégalles 22 novos proxectos audiovisuais a produtoras de España e Portugal co apoio da Xunta

O obxectivo desta xornada de ‘coworking’ é poñer en contacto a profesionais dos ámbitos da creación e da produción para propiciar a rodaxe de propostas que nestes momentos se atopan en fase de desenvolvemento

19/01/2024 | 19:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Bota a andar en Carral o centro de animación Amiga Space co apoio do Hub Audiovisual da Xunta de Galicia

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asiste ao evento de presentación desta iniciativa, subvencionada con 100.000 euros a través do fondo tecnolóxico para a compra de equipamentos e acondicionamento de instalacións

29/12/2023 | 11:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina 300.000 euros á nova convocatoria anual de subvencións para festivais audiovisuais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases desta liña de axudas para eventos estratéxicos que se celebren entre o 1 de novembro de 2023 e o 31 de outubro de 2024

01/12/2023 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia unha nova edición do Concurso de Corda “Cidade de Vigo” como “referente nacional” para os novos talentos da música

A delegada territorial, Ana Ortiz, participou este venres na presentación do certame que se celebrará entre o 6 e o 9 de decembro no Conservatorio Superior de Música