Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

13/11/2023 | 12:09 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta impulsa o torneo internacional Xacobeo de Ximnasia Rítmica como atractivo turístico deportivo

Reunirá medio milleiro de atletas e ximnastas de primeiro nivel de toda Europa, que participarán tamén na gala que amadriñará o sábado a olímpica Carolina Rodríguez

12/11/2023 | 12:22 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda destaca o récord de peregrinos, alcanzado a mes e medio de que finalice 2023 e sen ser Ano Xacobeo

Subliña que a comunidade supere xa as 438.307 compostelas coas que se pechou 2022, que foi Ano Santo

11/11/2023 | 18:38 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta reforza a promoción de Galicia para o mercado de alto impacto turístico no Luxury Spain Conects de Londres

Presenta ante unha vintena de operadores especializados en turismo premium os activos da Comunidade galega para viaxeiros de alta capacidade de gasto
 

10/11/2023 | 14:57 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta promove o impacto artístico do Camiño de Santiago na nova exposición Peregrinas ilustradas

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, inaugura a mostra que poderá verse no Museo das Peregrinacións e de Santiago ata o 14 de xaneiro
 

09/11/2023 | 15:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ribadeo acolle unha mesa de traballo da Xunta para avanzar no deseño da nova estratexia de turismo de Galicia 2024-2030

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que en colaboración co Clúster de Turismo convócanse catro xornadas na provincia con axentes públicos e privados para facer unha diagnose dos retos coa participación do sector

09/11/2023 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca o investimento da Xunta de máis 600.000 euros na comarca de Bergantiños-Costa da Morte para mellorar o seu potencial turístico

O delegado da Xunta visitou o establecemento Apartahotel Ría de Lires obxecto de varias destas axudas para o litoral que lle permitiu mellorar o seu equipamento

09/11/2023 | 13:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

Preto dunha vintena de establecementos turísticos e axencias de viaxes de Ferrol, Eume e Ortegal xa se incorporaron á campaña do bono turístico da Xunta

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, achegouse esta mañá ao Hotel Herbeira, de Cedeira, onde destacou o éxito acadado un ano máis pola iniciativa coa que Turismo de Galicia pretende incentivar o turismo interno fóra de temporada

08/11/2023 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

O delegado territorial da Xunta participa na mesa de traballo do xeodestino O Ribeiro, O carballiño, Celanova e Terras do Xurés para planificar o modelo galego da nova estratexia turística 2024-2030

O Goberno galego está a traballar xa no proceso de diagnose previo que permitirá coñecer de xeito analítico o estado de situación do turismo en Galicia
 

06/11/2023 | 11:54 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta reforza a promoción do destino Galicia no mercado británico na World Travel Market de Londres

É o quinto mercado internacional máis importante para Galicia, cuxa demanda hoteleira está a medrar este ano especialmente fóra de temporada alta
 

05/11/2023 | 13:20 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia fomenta a colaboración e o intercambio de boas prácticas entre a Ruta Xacobea e o Camiño Podólico

A Federación Europea do Camiño de Santiago, presidida este ano pola Comunidade galega, vén de asinar un acordo con catro concellos ucranianos desde itinerario