Actualidade
Buscador de novas
A Xunta intensificará a vixilancia das praias ante a posible chegada de máis pellets nos vindeiros días polo cambio das condicións marítimas
Ángeles Vázquez asevera que o Goberno central xa non ten escusas para que despregar os seus medios na Comunidade unha vez activado o nivel 2 do plan galego de loita contra o contaminación mariña accidental
Galicia avanza a mellor ritmo que a media nacional no cumprimento dos obxectivos globais para acadar un desenvolvemento sustentable
Un informe de seguimento da Axenda 2030 mostra que a comunidade destaca de xeito especial en cuestións como auga limpa e saneamento, enerxía accesible e non contaminante ou vida dos ecosistemas terrestres
Rueda anuncia que a Xunta eleva a nivel medio o Plan de Contaminación Mariña Camgal
Traslada a “petición expresa” ao Goberno central de que se centre na recollida dos pellets no mar para evitar que os residuos de plásticos cheguen á costa
A Xunta mobiliza nas praias galegas un operativo medioambiental integrado por máis de 200 profesionais
Ángeles Vázquez explicou que as primeiras conclusións do informe do centro especializado Cetim sobre a composición do produto apuntan a que non é perigoso pero insiste na urxencia de que o Goberno central facilite a ficha técnica do material
A Xunta organizará este trimestre as primeiras mesas de traballo para abrir vías de colaboración e sinerxías entre os membros da Alianza Galega polo Clima
Ángeles Vázquez explica que, ano e medio despois de que o Goberno galego impulsara esta iniciativa, a previsión é celebrar tres encontros ao redor de temáticas de interese como a economía circular, a descarbonización ou a conciencia ambiental
A Xunta reúne os gardacostas, técnicos ambientais e persoal do Intecmar para facer seguimento da limpeza das praias
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitoulle á vicepresidenta para a Transición Ecolóxica do Goberno central, Teresa Ribera, información actualizada e precisa da vertedura
Vixiantes e persoal ao servizo da Xunta retiran das praias do Parque natural de Corrubedo sacos e pellets plásticos vertidos polo mercante Toconao
Belén do Campo explica que polo momento non hai constancia de danos na biodiversidade da zona e asegura que o persoal do seu departamento seguirá vixiante
A Xunta acusa ao Goberno central de ocultar información e de inacción por non activar o Plan nacional de emerxencias por contaminación mariña
O titular de Mar explicou que a administración autonómica non recibiu información oficial do suceso ata o 3 de xaneiro, mentres co goberno do Estado xa recibira información o pasado 20 de decembro
A Xunta ofrece a súa colaboración aos concellos para acometer a retirada dos pellets plásticos vertidos por un buque mercante en Portugal
O conselleiro de Mar destaca que foi activado o Plan Camgal en nivel 1 e o servizo de Gardacostas mantén a vixilancia por medios marítimos e terrestres do litoral co obxectivo de detectar a chegada destes materiais