Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

16/02/2024 | 12:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 2,3 M€ as obras de acondicionamento e mellora da estrada LU-710 que conecta a N-VI coa A-6, en Baralla

Trátase do ensanche e mellora desta vía, nunha lonxitude de 4,5 km, para dotala dunha plataforma ampliada a 7 metros, cun carril por sentido de 3 metros cada un

Mellorase puntualmente o trazado con variantes para aumentar a visibilidade e remodelarase a intersección coa N-VI, dispoñendo un carril central de espera e cuñas de cambio de velocidade

15/02/2024 | 14:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade remata a rehabilitación do edificio da Xunta na praza de Mazarelos de Santiago, cun investimento de case 1,8 M€

A actuación consistiu na restauración e mellora da envolvente térmica do edificio, no que está a Secretaría Xeral de Emigración

14/02/2024 | 12:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto que permitirá habilitar un aparcadoiro disuasorio con 194 prazas ao norte da autovía do Morrazo, en Moaña

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe este proxecto que inclúe a restauración dun vertedoiro utilizado nas obras da autovía, a execución dun estacionamento e a dotación dos ramais de acceso, cun orzamento total de 3,8 M€

14/02/2024 | 11:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
12/02/2024 | 12:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,2 M€ as obras de mellora do firme na PO-254 ao seu paso polos concellos de Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario

Os traballos contan cun prazo de execución de 4 meses e consistirán na rehabilitación e na reposición do pavimento, ademais do repintado das marcas viarias

09/02/2024 | 12:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de trazado para a mellora da seguridade viaria na intersección da PO-255 en Covelo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio deste trámite, así como os bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto para actuar no cruce en "T" entre esta vía autonómica e a estrada provincial EP-5104

09/02/2024 | 11:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a redacción do proxecto para habilitar dous novos treitos de senda na estrada AC-424 en Ponteceso

O obxectivo é definir as actuacións necesarias para darlle continuidade ao itinerario previsto nesta mesma estrada, no Couto, que se acometerá este ano

09/02/2024 | 11:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia os traballos de plantación de 25.000 árbores autóctonas nas marxes da autovía e do corredor do Morrazo

Estes traballos de reforestación supoñen a fase piloto da Estratexia de estradas verdes que impulsa o Goberno galego

08/02/2024 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 463.000 euros a execución das obras da 1ª fase do saneamento na parroquia de Monteagudo, no concello de Arteixo

O obxectivo é dotar de servizo de saneamento á totalidade das vivendas de Monteagudo, conectándoas coa rede existente

07/02/2024 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica a aprobación do proxecto de trazado para a mellora da capacidade e da seguridade da LU-540, entre Viveiro e Cabreiros

A intervención conta cun orzamento de 15 M€, estando previsto licitar a primeira fase nas vindeiras semanas