Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

20/09/2023 | 20:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta garante o seu compromiso co benestar integral da muller e coa eliminación do teito de cristal

A secretaria xeral de Igualdade puxo en valor na Cada de Galicia en Madrid a nova Lei de Igualdade na presentación hoxe do directorio de profesionais Referentes galegas, elaborado por Executivas de Galicia

20/09/2023 | 13:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
20/09/2023 | 11:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta publica a convocatoria de axudas por máis de 745.000 euros para que entidades sociais apoien e asesoren a mulleres vulnerables

O Goberno galego financia estes apoios con cargo ao 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente a Galicia

19/09/2023 | 20:36 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda pon en valor a importancia de loitar pola igualdade de homes e mulleres desde todos os ámbitos coa entrega das Medallas Emilia Pardo Bazán

Destaca que Galicia ocupa un lugar central na historia da loita pola igualdade con persoas pioneiras na defensa dos dereitos da muller como a escritora coruñesa

19/09/2023 | 15:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia melloras na cuberta do patio interior e a instalación dunha pérgola na escola infantil pública de Tenorio

Destináronse máis de 30.000 euros a estas obras para que as familias usuarias do servizo dispoñan dunhas instalacións mellor adaptadas ás necesidades dos seus nenos

18/09/2023 | 14:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta leva atención temperá a nenos de ata 6 anos de máis de 200 concellos de toda Galicia

O Goberno galego destina a esta rede de atención temperá 7,3 millóns de euros anuais, tanto a través de unidades municipais, como dos catro centros da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT)

15/09/2023 | 19:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o papel do asociacionismo e da educación para combater entre a mocidade as violencias sexuais contra as mulleres

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, inaugurou o 2º encontro de mulleres organizado pola Federación provincial de mulleres rurais de Ourense (Femuro)

14/09/2023 | 18:19 | C. de Política Social e Igualdade

Un grupo de usuarios de centros de atención á discapacidade da Xunta saen a navegar da man do Monte Real Club de iates de Baiona

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, estivo hoxe cos participantes nesta actividade, procedentes dos CAPD da Coruña e Redondela

14/09/2023 | 17:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e Cáritas de Santiago colaboran para impulsar a inserción laboral de persoas en situación ou en risco de exclusión social

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e representantes da entidade analizaron os avances no seo das empresas Arroupa e AHortas, que recibiron arredor de 2 M€ en axudas da Consellería nos últimos anos