Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 285 novas da área temática Consumo:

24/01/2023 | 12:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Bono Activa Comercio da Xunta permitiu mobilizar preto de 930.000 euros nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

Máis da metade do capital mobilizado na área, concretamente 525.000 euros, correspóndense coa cidade de Ferrol, na que 126 negocios se sumaron a esta iniciativa e o importe de bonos trocados ascendeu a máis de 96.000 euros

20/01/2023 | 12:51 | C. do Medio Rural

A Xunta valora que o Alcampo de Vialia Vigo se converta no primeiro hipermercado autorizado para elaborar e vender a IXP Pan galego

Preto dunha vintena de panadarías están rexistradas nesta indicación xeográfica protexida, das cales tres están localizadas na cidade de Vigo

18/01/2023 | 16:10 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro presenta en Fitur os Plans de Sostibilidade Turística que dinamizarán o sector enogastronómico de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada dos delegados territoriais de Ourense e Pontevedra, presentou os Plans de Sostibilidade Turística de Enogastronomía dos xeodestinos de Valdeorras e Ría de Vigo e Baixo Miño dotados cada un con 1,5 M€

14/01/2023 | 11:15 | C. do Medio Rural

A Xunta promocionará en Fitur 2023 os produtos alimentarios galegos con indicativo de calidade

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural programou para esta feira de turismo diferentes actividades dentro do espazo institucional galego

02/01/2023 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Artesanía de Galicia protagoniza o Mercado de Nadal de Ourense

O delegado provincial, Gabriel Alén Castro, participou esta mañá na inauguración do Mercado de Nadal que se pode visitar no 2º andar do Liceo de Ourense ata o xoves 5 de xaneiro