Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.980 novas da área temática Áreas temáticas:

13/07/2024 | 12:37 | C. de Sanidade

A Xunta mantén aberto ata o 23 de xullo o prazo de recepción de suxestións ao novo decreto que regulará a entrega de medicamentos a domicilio para pacientes dependentes ou residentes en zonas illadas

As achegas poden ser presentadas ante a Consellería de Sanidade por vía electrónica a través do Portal de Transparencia e Goberno Aberto

13/07/2024 | 12:36 | C. de Política Social e Igualdade

Comezan os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade da Xunta de Galicia

Na edición deste ano ofértanse 250 prazas repartidas entre as dúas Residencias de Tempo Libre da Xunta, no Carballiño e Panxón (Nigrán), e no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo)

13/07/2024 | 11:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Curtis analizan o proxecto para mellorar o subministro de auga en Teixeiro

Tamén estudaron a situación de varias sendas fluviais e a limpeza de varios tramos nos ríos da localidade

13/07/2024 | 11:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recoñece a excelencia de 448 universitarios cos premios Ángela Ruíz Robles

Van dirixidos ao alumnado de grao coas mellores cualificacións nas universidades galegas, agás no último curso, no que se outorgan os Premios Fin de Carreira

13/07/2024 | 10:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta contribúe a eliminar catro puntos de vertido de augas residuais en concellos da comarca de Pontevedra e da súa contorna

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron a maior parte das incidencias durante os seus labores rutineiros

13/07/2024 | 10:03 | C. do Medio Rural

Medio Rural amplía a formación do persoal técnico asesor con cursos sobre incorporación de activos ao agro e enxerta na vide

A primeira acción formativa terá lugar o vindeiro venres, 19 de xullo, na Cidade da Cultura de Galicia e vai dirixida ás persoas que asesoran ou acompañan a incorporación de novos agricultores

12/07/2024 | 21:35 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda salienta o papel do sector vitivinícola á hora de dinamizar a economía galega e atraer turistas á comunidade

A comunidade conta con máis de 10.000 viticultores e produtores, 500 adegas e 14 indicativos de calidade

12/07/2024 | 21:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo destaca o talento de Castelao “para captar momentos da sociedade con humor”

O director xeral de Cultura asiste en Ribeira á inauguración da exposición ‘Os homes, por Castelao’ no Museo do Gravado de Artes á Estampa Dixital, que mostra as pranchas orixinais coas que se plasmaron as estampas satíricas do intelectual no xornal Galicia

12/07/2024 | 20:21 | C. do Mar

A Xunta inviste 135 M€ dende 2020 na mellora e competitividade da industria conserveira

Trátase de aumentar o peso desta cadea no conxunto da economía galega, mellorar a competitividade nos mercados internacionais e consolidar a súa posición de liderado, ademais da súa capacidade produtiva e todo o emprego que leva a asociado

12/07/2024 | 19:41 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta leva mañá a Coruña o concerto de Juan Luis Guerra e Gilberto Santa Rosa

É unha das distintas citas musicais que contan co apoio de Turismo de Galicia na cidade e celebrarase no Coliseum a partir das 21,00 horas