Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 312 novas da área temática Transporte:

31/03/2023 | 13:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 1,8 M€ as actuacións de mellora de 63 paradas de autobús nos concellos de Dodro, Padrón, Rois, Santiago, Teo e Vedra

Intervirase en 2 paradas ao paso polo municipio de Dodro; 2 en Padrón; 7 en Rois; 8 en Santiago; 34 en Teo; e 10 en Vedra

30/03/2023 | 11:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 2,2 M€ as actuacións de mellora de 51 paradas de autobús en estradas autonómicas de acceso á cidade de Lugo

As paradas de autobús que se van acondicionar están situadas en 15 estradas autonómicas ao paso por 10 concellos da provincia

29/03/2023 | 12:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe a aprobación dos proxectos para mellorar 37 paradas de autobús en estradas autonómicas do Salnés

Acondicionaranse 14 paradas en Sanxenxo, 12 en Meis, 4 no Grove, 4 en Cambados e 3 en Meaño

28/03/2023 | 16:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adapta desde o 11 de abril os itinerarios das liñas de autobús afectadas polas obras na avenida das Pías de Ferrol mentres duren os traballos na estrada estatal

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade consensuou as solucións propostas co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, co Concello de Ferrol, coa asociación de veciños de Caranza e coas concesionarias do transporte público

28/03/2023 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por case 1,4 M€ as actuacións de mellora de 55 paradas de autobús en estradas autonómicas de acceso á Coruña

Intervirase nas paradas correspondentes á zona oeste de acceso á cidade situadas en 6 estradas autonómicas ao paso por 7 concellos das comarcas da Coruña e de Bergantiños

27/03/2023 | 12:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilita desde o día 3 de abril unha nova liña de autobús para mellorar as conexións entre O Morrazo e os hospitais de Vigo

O novo servizo, demandado polo persoal dos hospitais, prevé dúas expedicións nos horarios de maior demanda, de luns a venres: unha de ida, desde a estación de autobuses de Cangas ás 6,40 horas e outra de volta desde o Álvaro Cunqueiro ás 15,15

25/03/2023 | 12:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Xunta e Dirección Xeral de Tráfico colaborarán para a mellora da seguridade viaria e laboral de Galicia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou un protocolo co organismo adscrito ao Ministerio do Interior para levar a cabo actuacións de información e sensibilización, entre outros

24/03/2023 | 15:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta considera necesario que administracións e particulares avancen cara a unha mobilidade eficiente

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, interveu esta mañá en Arteixo no Salón da Mobilidade Sustentable ‘Sabón + Eco’

22/03/2023 | 15:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez lamenta que o Goberno de España se desentenda dos trens Avril e ínstao a trasladar información certeira sobre cando e cantos prestarán servizo en Galicia

Vázquez Mourelle critica que o Goberno incumprira todas as datas anunciadas para o funcionamento destes trens, a última para o pasado verán, impedindo sacar rendemento á campaña turística que supuxo a excepcional ampliación do Ano Xacobeo

22/03/2023 | 14:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia unha nova liña de autobús a primeira hora da mañá entre O Morrazo e os hospitais de Vigo, con volta ao comezo da tarde

Concreta que ás 06,40 horas haberá unha expedición con percorrido Cangas-Moaña-rúa Pizarro e outra Cangas-Moaña-Meixoeiro-Álvaro Cunqueiro, con regreso ás 15,15 h