Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

01/10/2023 | 12:01 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia pon en funcionamento mañá o servizo 028 Arco da Vella de información, asesoramento e atención inmediata fronte á violencia por lgtbifobia

É un servizo gratuíto, en funcionamento as 24 horas do día e os 365 días do ano e que tamén se pode usar en situacións de urxencia ou emerxencia

28/09/2023 | 21:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo apela á unión na loita contra a violencia de xénero e destaca o impulso da xunta ás entidades veciñais que camiñan cara unha sociedade máis equitativa

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, clausurou hoxe en Ourense a presentación do programa Xuntos contra a violencia de xénero. Por unha sociedade que camiña libre, cara adiante, equitativa e sen violencia

28/09/2023 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Gabriel Alén destaca o compromiso da Xunta para manter o impulso da conciliación da vida persoal, laboral e familiar dos galegos

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, salientou o apoio do Goberno galego con 1.267.901,40 a 68 concellos da provincia de Ourense no desenvolvemento de programas orientados a favorecer a igualdade entre mulleres e homes, fomentar a conciliación e a corresponsabilidade e para financiar o labor dos Centros de Información á Muller (CIM) como recursos de proximidade

26/09/2023 | 19:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avoga pola colaboración coas entidades locais para erradicar a violencia de xénero e axudar ás mulleres máis vulnerables a atopar un emprego

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, coñeceu hoxe o programa Hypatia de impulso á promoción da igualdade e da prevención da violencia de xénero

26/09/2023 | 12:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o seu apoio ao centro de información á muller da mancomunidade de Santa Águeda

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou hoxe en Vilamarín na mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero da Mancomunidade

23/09/2023 | 13:41 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Política Social fomenta a inserción laboral das persoas con síndrome de Down

O Goberno galego asinou un convenio de colaboración con Down Galicia para promover prácticas formativas dirixidas a 22 persoas con síndrome de Down

21/09/2023 | 11:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o incremento nos últimos anos dun 25 % nas compensacións aos profesionais da quenda de oficio polo servizo de asistencia xurídica gratuíta

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, explicou hoxe no Parlamento de Galicia que a comunidade galega é unha das que mellor retribúe aos profesionais deste servizo cun aumento do 15 % de media nos baremos consensuados ata 2025