Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

29/02/2024 | 19:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo casos de éxito do Polo de emprendemento do Carballiño entre os arredor de cen proxectos que leva atendido

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, clausurou unha xornada en Castrelo de Miño onde tres persoas emprendedoras deron conta das súas experiencias de asesoramento no centro carballiñés

27/02/2024 | 14:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo pon en valor os apoios da Xunta ás persoas traballadoras autónomas nun encontro con representantes do colectivo na comarca do Carballiño

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou en San Cristovo de Cea nun encontro onde se trataron as distintas convocatorias de axuda abertas, entre as que destaca este ano a cota cero para novas altas

27/02/2024 | 14:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga pola cooperación público-privada para aproveitar ao máximo as oportunidades do ecosistema innovador galego

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou na inauguración do evento Node Experience, na Cidade das TIC, onde subliñou a importancia de acompañar aos emprendedores e empresarios nun itinerario que inclúe acceso ao financiamento, asesoramento, aposta polo talento e fomento da cultura da internacionalización

27/02/2024 | 13:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o impulso ao emprego xuvenil para construír a Galicia do futuro cun mercado de traballo aberto, accesible e sen fronteiras

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe na apertura da Feira de Emprego InCampus da Universidade de Vigo

22/02/2024 | 09:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta investirá case 46 M€ en formar máis de 2.000 persoas desocupadas con máis dun cento de obradoiros e programas de emprego entre 2024 e 2025

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para o desenvolvemento de obradoiros duais (máis de 39,1 millóns de euros), mentres mañá sairá a de programas mixtos de formación e emprego dirixidos a persoas mozas (case 6,6 millóns)

21/02/2024 | 13:30 | C. de Sanidade

O Sergas publica os aspirantes seleccionados no concurso de méritos nas categorías de persoal de servizos xerais e técnico en coidados auxiliares de enfermería

Resultan seleccionados un total de 294 aspirantes, 17 na categoría de persoal de servizos xerais e 277 na de técnico en coidados auxiliares de enfermería

21/02/2024 | 11:00 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 3 M€ para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo

O obxectivo destas axudas é reforzar os servizos públicos e dotacións básicas proporcionados á poboación rural das aldeas modelo, favorecendo a implantación de actividades que xeren emprego e fixen poboación