Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 367 novas da área temática Emerxencias:

15/05/2023 | 10:36 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 53 persoas por 42 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 12 de maio ata as 23,59 horas do domingo, 14 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 50 chamadas por accidentes de tráfico

10/05/2023 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Axega e a Asociación Galega de Empresas Musicais suman esforzos para promover o “sentidiño” en eventos e festivais

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo, acompañaron a membros da AGEM nun percorrido polos diferentes departamentos que forman parte do CIAE-112 Galicia

10/05/2023 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 400 persoas participan na proba de coñecementos do proceso selectivo para cubrir 96 prazas de auxiliar de Policía Local en 21 concellos

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe os aspirantes que realizarán o segundo exercicio tras superar as probas físicas realizadas a finais de abril no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra

09/05/2023 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta ao Goberno da Rioxa as instalacións e o funcionamento do centro de emerxencias 112 Galicia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, recibiu hoxe seu homólogo da Rioxa, Salvador Díez, nun encontro no que puxeron en común os mecanismos de coordinación de emerxencias levados a cabo en ambas as comunidades

08/05/2023 | 12:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Entra en vigor o novo Plan de emerxencia exterior de Punta Promontoiro tras a súa revisión

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que se aproban as actualizacións deste instrumento de prevención co obxectivo de garantir a súa eficacia

08/05/2023 | 11:26 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 66 persoas por 49 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 5 de maio ata as 23,59 horas do domingo, 7 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 65 chamadas por accidentes de tráfico

05/05/2023 | 13:55 | C. de Sanidade

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 pide extremar as precaucións para previr accidentes de tractor nas tarefas agrícolas

Os sinistros provocados por carencias técnicas ou do mantemento do vehículo, condicións meteorolóxicas e do terreo adversas, entre outras, converten os accidentes de tractor nunha das principais causas de sinistralidade e mortalidade no campo

04/05/2023 | 10:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo destaca a importancia da formación dos efectivos que participan na busca de persoas desaparecidas

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu a unha práctica da ‘Xornada autonómica sobre persoas desaparecidas en Galicia’ desenvolvida na Agasp para persoal dos servizos de emerxencias e dos corpos e forzas de seguridade

03/05/2023 | 10:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Persoal de emerxencias e dos corpos e forzas de seguridade aborda na Agasp as intervencións en casos de persoas desaparecidas

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na inauguración do encontro, que se prolonga ata mañá

02/05/2023 | 10:31 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 81 persoas por 68 accidentes de tráfico durante a ponte do Día do Traballo

Desde as 15,00 horas do venres, 28 de abril ata as 23,59 horas do luns, 1 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 75 chamadas por accidentes de tráfico