Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 337 novas da área temática Comercio:

26/04/2023 | 11:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa o programa de axudas por 4,6 M€ para potenciar a calidade das prazas de abastos

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, informou nunha visita ao mercado de Ribeira desta nova iniciativa que se publicará mañá no Diario Oficial de Galicia e cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto un mes

21/04/2023 | 14:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta o seu proxecto Artesanía no prato a profesionais do turismo e da artesanía de toda a península

A Fundación Artesanía de Galicia coorganiza a Conferencia Hispano Lusa de Artesanía e Turismo “Materia Prima”, que se está a celebrar en Mérida e na localidade portuguesa de Portalegre

20/04/2023 | 15:13 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

A nova Lei de Artesanía de Galicia modernizará este sector e incrementará a súa profesionalidade e competitividade

O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de lei co que comeza agora a súa tramitación parlamentaria para actualizar a normativa actual que conta con máis de 30 anos

20/04/2023 | 13:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia Calidade presenta en Fisterra a nova sinalización coa que se identifica as empresas adheridas

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, participaron na presentación dos sinais, fabricados por Tejas Verea e froito dun proxecto de innovación da industria cerámica galega

18/04/2023 | 14:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima a solicitar as axudas para mellorar a eficiencia enerxética dos establecementos turísticos

A Delegación Territorial de Lugo acolleu unha xornada informativa sobre esta convocatoria de achegas, que poden alcanzar ata o 90 % do investimento

18/04/2023 | 11:47 | C. de Economía e Industria

Galicia seguirá consolidando as relacións comerciais con Polonia no sector enerxético, a automoción e as infraestruturas

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá, en Santiago de Compostela, no seminario ‘Oportunidades de investimento no mercado polaco’, organizado pola CEG

18/04/2023 | 09:44 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda cualifica de “positiva” e “frutífera” a viaxe a América na que a Xunta tendeu novas pontes de colaboración institucionais, económicas e comerciais

Subliña a reunión “moi produtiva” mantida con presidente da República de Panamá que permite afianzar relacións con este país en sectores claves como a pesca, o turismo ou as enerxías renovables
 

16/04/2023 | 13:52 | C. de Economía e Industria

Conde reivindica a Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto como punto de encontro do oficio

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu hoxe á 14ª edición deste evento