Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 312 novas da área temática Transporte:

17/04/2023 | 12:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Arteixo asinan o convenio para aumentar as frecuencias e o ámbito territorial de 3 liñas do autobús municipal a partir do 2 de maio

Vázquez Mourelle salienta que en dúas semanas comezarán a funcionar estas melloras, tan pronto se fagan as adaptacións tecnolóxicas e se achegue a información aos usuarios

11/04/2023 | 12:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta conectará desde mañá Lalín coa parroquia de Zobra coa ampliación da liña de autobús compartido IES Laxeiro-Lodeirón

A ruta do IES Laxeiro incorporará catro paradas novas ao seu itinerario e finalizará o percorrido no núcleo de Zobra

10/04/2023 | 13:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As liñas de autobús dos institutos de Xinzo de Limia reducirán desde mañá os tempos nas rutas máis longas

A adaptación consiste en optimizar a coordinación das chegadas e saídas para reducir a espera en 15 das 16 liñas integradas do IES Lagoa de Antela e IES Cidade de Antioquía

10/04/2023 | 12:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica a aprobación das actuacións de mellora de 63 paradas de autobús nos concellos de Dodro, Padrón, Rois, Santiago, Teo e Vedra

Tras a licitación das obras o pasado día 31 de marzo, as empresas interesadas dispoñen ata o 27 de abril para presentar as súas ofertas a uns traballos que se prevé comezar no outono

10/04/2023 | 11:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilita desde mañá un novo servizo de autobús entre Caranza e a estación de Ferrol para conectar a primeira hora coas liñas afectadas polas obras na avenida das Pías

A liña Caranza-praza Vella adáptase para habilitar unha nova expedición máis cedo das actuais, que sairá de Caranza ás 6 horas e chegará á estación ás 6,15 horas

05/04/2023 | 14:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa desde o 11 de abril un novo servizo de autobús entre Caranza e a estación de Ferrol que permitirá enlazar á primeira hora coas liñas afectadas polas obras na avenida das Pías

A liña Caranza-Praza Vella adáptase para habilitar unha nova expedición máis cedo das actuais, que sairá de Caranza ás 06,00 horas e chegará á estación de autobuses sobre as 06,15 horas

05/04/2023 | 13:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza desde o 10 de abril os servizos de autobús entre O Carballiño e Ourense con dous servizos máis polas tardes de luns a venres

A liña Estación de Autobuses do Carballiño-As Lagoas contará entre os meses de setembro a xuño cun novo servizo de ida que sairá ás 17,15 horas do Carballiño e outro de volta que regresará ás 17,55 horas desde Ourense

03/04/2023 | 14:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta conectará Lalín coa parroquia de Zobra coa ampliación da liña de autobús compartido IES Laxeiro-Lodeirón a partir do 12 de abril

A ruta do IES Laxeiro incorporará catro paradas novas ao seu itinerario e finalizará o percorrido no núcleo de Zobra

01/04/2023 | 15:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento de 6,5 M€ na área intermodal de Pontevedra para ofrecer unha porta renovada de entrada á cidade e un novo motivo para apostar polo transporte público

Vázquez Mourelle salienta que a estación de autobuses conta cun novo aspecto por fóra, resultado do cambio da cuberta, fiestras e fachada, dotándoa dunha “nova pel”

01/04/2023 | 12:50 | A Presidencia da Xunta

Rueda traslada ao alcalde do Porto a aposta da Xunta por avanzar nas conexións ferroviarias con Portugal

Defende a necesidade de axilizar a saída sur de Vigo como unha actuación estratéxica non só para a Eurorrexión, senón tamén para o Eixo Atlántico e as conexións con Europa