Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

18/12/2023 | 17:53 | C. do Mar

Alfonso Villares reclama a Planas a rebaixa do IVE ao peixe e o apoio do Goberno central á declaración de zona catastrófica dos bancos marisqueiros

O conselleiro do Mar, apoia a súa solicitude da rebaixa impositiva aos alimentos mariños en informes elaborados polas universidades galegas, a CNMC, Fedepesca e do Eumofa no que se resaltan os beneficios económicos e socias desta medida

15/12/2023 | 20:17 | C. do Mar

A Xunta destaca a importancia das campañas de promoción do consumo de peixe entre a mocidade e os seus beneficios para a saúde

O conselleiro do Mar puxo en valor a celebración desta xornada como xusta homenaxe aos homes e mulleres do mar e ao seu bo facer, artífices de que o mellor produto das rías galegas chegue aos nosos

15/12/2023 | 15:42 | C. do Mar

Os proxectos para a modernización de buques acadan un novo máximo con 85 axudas concedidas este ano por máis dun millón e medio de euros

Antonio Basanta detalla que se ampliou o crédito inicial debido ao importante número de solicitudes presentadas para actuacións que melloran as condicións a bordo, a eficiencia enerxética e motriz e que as que aumentan o valor engadido nas frotas

13/12/2023 | 12:56 | C. do Mar

A Xunta destaca a importancia da colaboración público-privada para enfrontar os desafíos do desenvolvemento sostible e a economía azul

O conselleiro do Mar puxo como exemplo o traballo desenvolvido polo servizo de Gardacostas na vixilancia, protección e loita contra a contaminación no medio mariño así como dos centros de investigación mariña galegos

13/12/2023 | 11:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abre mañá o prazo de solicitudes para pescar lamprea no río Tea a próxima tempada

O Diario Oficial de Galicia publica a Orde que regula a pesca desta especie e fixa as condicións para participar no sorteo de postos, que se celebrará o 19 de xaneiro

12/12/2023 | 20:21 | C. do Mar

O acordo de TACs e cotas en augas da UE para 2024 resulta decepcionante para os intereses de Galicia ao non mellorar a proposta inicial da Comisión Europea

Alfonso Villares lamenta que non se aproveitase a presidencia española do Consello da UE para frear impactos negativos en especies de gran interese para a frota galega, como a solla, o merlán e o linguado, que baixan entre un 17 e un 35 %