Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

29/02/2024 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética no pavillón deportivo das Neves

A directora xeral de Administración Local visitou as instalacións, que contaron cunha achega de 140.000 euros do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local

28/02/2024 | 15:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1 M€ a execución das obras de mellora do firme en catro estradas da provincia de Ourense ao seu paso por sete concellos

A intervención acometerase nas vías autonómicas OU-113, OU-114, OU-310 e OU-311, nos concellos da Mezquita, Castrelo do Val, Laza, Sarreaus, Verín, Vilardevós e Vilar de Barrio

28/02/2024 | 13:36 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda destaca a relevancia do novo tramo da autovía Tui-A Guarda para acadar a “vertebración fundamental” entre o sur de Galicia e Portugal

Enxalza a importancia desta infraestrutura “moi demandada e complexa” e garante o compromiso de completala “ata ao final”, en referencia á súa conexión coa PO-350
 

28/02/2024 | 13:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta levará a cabo este verán a substitución da cuberta do IES A Sardiñeira, na Coruña, cun investimento de 414.000 €

O conselleiro Román Rodríguez pon en valor o labor pedagóxico que desenvolve este instituto a través de espazos como a aula tecnolóxica ou o seu xardín botánico

27/02/2024 | 15:37 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda pon en valor a creación en San Cibrao da primeira área de estacionamento protexido de vehículos pesados

Destaca que os transportistas contarán na Comunidade cun total de 1.500 prazas destas características e considera que esta rede favorecerá a incorporación de mulleres a esta profesión
 

27/02/2024 | 15:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras da senda entre a estación intermodal de Santiago e San Caetano, cun investimento de case 2,4 M€

Esta intervención está a comezar na zona da rotonda de Fontiñas e da rúa Fontes do Sar, tras a coordinación co Concello de Santiago

26/02/2024 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ultima as obras da 1ª fase da humanización da avenida de Galicia de Vigo, que supuxeron un investimento de 2,5 M€, e se completarán en maio cun novo aparcadoiro

A actuación permitiu a reforma dun treito de 500 da vía, entre o cruce coa avenida da Mariña Española e o IES de Teis, coa ampliaron das beirarrúas ata os 2 metros, medidas de calmado de tráfico, renovación do firme, novas marquesiñas, creación de zonas verdes e dotación de alumeado

23/02/2024 | 13:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta traslada a súa disposición a colaborar técnica e financeiramente co concello de Ares para solucionar as deficiencias detectadas no colector de saneamento

A Xunta, a través de Augas de Galicia, comprométese a financiar nun 80% as obras que sexa necesario acometer nesta infraestrutura municipal

23/02/2024 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras que melloran o acceso da Vía Ártabra ao porto de Lorbé, en Oleiros, cun investimento de máis de 270.000 €

Trátase da nova mellora do acceso ao recinto portuario desde a intersección da Vía Ártabra coa estrada provincial CP-5802 ata a entrada do mesmo

22/02/2024 | 14:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de reparación da ponte de Xunqueira de Espadanedo na estrada OU-536 farán necesario o corte de tráfico a partir de mañá

Para facilitar a mobilidade dos usuarios desta estrada habilitarase un desvío polas vías OU-0106 e OU-0153 que suporá arredor de 5 minutos de traxecto