Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

12/10/2023 | 22:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo avoga polo emprego en igualdade de condicións para acadar unha Galicia máis inclusiva

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe na Coruña no XXIII Encontro Nacional de Familias con Síndrome de Down

11/10/2023 | 18:15 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia apoia acoller a 28 nenos e adolescentes non acompañados que chegaron a Canarias e a Ceuta

Durante a conferencia sectorial de Infancia celebrada hoxe deuse a coñecer o reparto realizado polo Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 de 380 menores non acompañados que chegaron a estas Comunidades

11/10/2023 | 10:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abre o prazo de inscrición para a formación en atención a persoas LGTBIQ+ dirixida a profesionais dos Centros de Información á Muller de Galicia

A Xunta está a impulsar o papel destes recursos para prestar atención directa e experta a estes colectivos e previr a LGTBIfobia

06/10/2023 | 15:22 | C. de Facenda e Administración Pública

Xunta e sindicatos asinan o I Plan de Igualdade da Administración Autonómica

Este Plan recolle un conxunto ordenado de medidas dirixidas a eliminar os obstáculos que dificulten ou impidan a igualdade efectiva entre homes e mulleres no ámbito da Administración galega

05/10/2023 | 20:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta agradece ao grupo social Once a súa colaboración na construción dunha sociedade xusta, igualitaria e chea de ilusión

Este ano os premiados foron: a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), a Fundación María José Jove, a empresa Estrella Galicia, o programa ‘Pensando en ti’ e a xornalista Cristina Saavedra, responsable da ONG Global Humanitaria en Costa de Marfil

05/10/2023 | 17:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo destaca a importancia dunha formación especializada unida ás capacidades diferentes de cada un para desenvolver un emprego con éxito

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe en Pontevedra no Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia (Edugal) no Encontro en feminino: as competencias brandas no desenvolvemento cotián

05/10/2023 | 12:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Gabriel Alén salienta o traballo permanente da Xunta pola inclusión das persoas con discapacidade

O delegado territorial quixo por en valor o traballo de Special Olympics Galicia e louvar a dedicación que realiza neste eido os 365 días do ano e a pé de campo

04/10/2023 | 17:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O campus en liña de igualdade laboral da Xunta xa expediu máis de 700 certificados do curso de prevención do acoso sexual e por razón de sexo no traballo

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, presentou hoxe en Vigo unha xornada que organiza a Xunta sobre a aplicación do Convenio 190 da Organización Internacional do Traballo de loita contra o acoso laboral