Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 861 novas da área temática Economía:

12/12/2023 | 19:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta velará pola selección dun proxecto industrial que garanta a viabilidade de Fandicosta

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, a directora do Igape, Covadonga Toca, e a directora de XesGalicia, Raquel Rodríguez Espiño, mantiveron unha reunión de traballo co comité de empresa e representantes da compañía

12/12/2023 | 19:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con preto de 260.000 € do Fondo Tecnolóxico a Modernización de 12 negocios nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, informou da resolución desta orde durante unha visita á farmacia Eiroa Castro, unha das firmas beneficiarias

12/12/2023 | 13:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta destina preto de 2,8 M€ a 18 empresas da provincia de Ourense para a súa consolidación empresarial

O delegado territorial visitou a empresa de carpintería metálica ‘Ferreiros Gavilanes’, beneficiaria da liña de axudas Emprendemento Plus, que recibiu unha achega de preto de 82.000 € da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
 

11/12/2023 | 20:02 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta advirte que os recursos de financiamento autonómico non teñen en conta o impacto nas arcas galegas das medidas de loita contra a inflación

As cifras comunicadas no CPFF confirman a prudencia do Goberno galego no cálculo empregado para as contas do vindeiro ano

10/12/2023 | 10:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsará proxectos innovadores na economía social para atraer talento e crear nichos de emprego no medio rural

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade promove o novo proxecto ‘O noso reto solidario’ coa finalidade de propulsar o emprendemento na economía social a través de modelos inclusivos e sustentables

09/12/2023 | 12:24 | C. de Economía e Industria

Galicia censura que o Goberno central non modifique as bases das axudas para autoconsumo e almacenamento enerxético pese ás trabas para cidadanía e tecido empresarial

A Xunta solicitou cambios para facilitar a súa tramitación e asegurar que as axudas cheguen a familias e empresas dun xeito áxil e sinxelo
 

05/12/2023 | 17:55 | C. de Economía e Industria

A Alianza Europea Vanguard Initiative, da que Galicia forma parte, lanza un instrumento de financiamento para apoiar proxectos de innovación entre rexións

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu hoxe en Bruxelas á conferencia de décimo aniversario desta rede na que a Xunta busca incrementar a captación de fondos europeos

05/12/2023 | 15:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta solicita ao Goberno unha reunión urxente para que Alcoa defina os seus plans para a planta de San Cibrao

Adianta que a Administración autonómica vai seguir analizando cos seus servizos xurídicos as decisións tomadas pola empresa e a súa viabilidade

04/12/2023 | 17:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove novas oportunidades de investimento entre Galicia e China

Na xuntanza, Lorenzana puxo de manifesto o compromiso da Administración autonómica coa axilidade administrativa e coa redución de prazos e trámites burocráticos para facilitar a actividade empresarial e a implantación de novos proxectos