Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

30/01/2024 | 13:49 | C. do Medio Rural

A Xunta finaliza as obras de reforma da oficina rural de Ponte Caldelas, cun investimento de máis de 56.000 euros

Os traballos realizados consistiron principalmente na instalación dun sistema de aerotermia e a mellora dos aseos

30/01/2024 | 12:28 | C. do Medio Rural

A Xunta anima á mocidade galega a aproveitar as oportunidades que lles ofrece o medio rural

José González, que tamén realizou unha visita técnica ás novas instalacións do CFEA, puxo en valor que a nosa comunidade é líder nacional no sector lácteo e que produce o 42 % do leite de España, ademais da súa potencia forestal ou no sector cárnico

30/01/2024 | 11:30 | C. do Medio Rural

A oficina rural de Castro Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei, remata as súas obras de acondicionamento cun investimento de máis de 135.000 euros

Leváronse a cabo diferentes actuacións, como a renovación da carpintería exterior ou a construción dun peche acristalado

29/01/2024 | 17:19 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor as axudas para a incorporación de mozos ao agro nunha visita a unha explotación de vacún de carne en Curtis

O conselleiro do Medio Rural estivo nunha granxa cuxo titular foi beneficiario destas achegas, que procuran, entre outros obxectivos, mellorar a competitividade do sector e facilitar a remuda xeracional

29/01/2024 | 11:48 | C. do Medio Rural

A Xunta remata a construción do novo Banco de Xermoplasma do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

A actuación optimiza e mellora o actual banco de recursos fitoxenéticos do CIAM, e busca consolidar a posición de referencia destas instalacións para o sector primario agrario galego en horta e froita de material xenético autóctono

28/01/2024 | 11:21 | C. do Medio Rural

A Oficina Rural de Friol remata as súas obras de mellora, cun investimento de máis de 32.000 euros

Leváronse a cabo diferentes actuacións, como a renovación da carpintería exterior ou a substitución das luminarias

27/01/2024 | 11:36 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un Simposio internacional sobre frondosas autóctonas que reunirá en Lugo expertos galegos, do resto de España e de oito países europeos

O evento, organizado pola Axencia Galega da Industria Forestal, adscrita á Consellería do Medio Rural, celebrarase os vindeiros días 28 e 29 de febreiro e 1 de marzo na sede luguesa da UNED

27/01/2024 | 10:16 | C. do Medio Rural

A Oficina Rural de Vila de Cruces remata as súas obras de mellora, cun investimento de case 64.000 euros

Leváronse a cabo diferentes actuacións, como a renovación do mobiliario das súas instalacións, así como a optimización da climatización ou dos aseos