Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.980 novas da área temática Áreas temáticas:

15/07/2024 | 10:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a aposta pola formación e o apoio ás entidades galegas no exterior para seguir fortalecendo os lazos de unión coa diáspora

Na presente edición desta iniciativa, un total de 72 profesores e profesoras procedentes de oito países que imparten docencia en centros galegos do exterior recibiron formación especializada e cualificada no ámbito técnico e didáctico

15/07/2024 | 10:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a atención ás vítimas de violencia ou agresión sexual a través da colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Instituto de Medicina Legal de Galicia

Os procedementos previstos incidirán na garantía da cadea de custodia na recollida de mostras e outras evidencias que poidan contribuír á acreditación das violencias sexuais

15/07/2024 | 10:13 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 55 persoas por 45 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 12 de xulllo ata as 23,59 horas do domingo, 14 de xullo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 59 chamadas por accidentes de tráfico

14/07/2024 | 10:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CIFP Politécnico de Santiago e o CIFP As Mercedes de Lugo participan nos dous mellores proxectos de innovación e investigación aplicada á FP de España

Son as dúas iniciativas con maior puntuación entre as 257 que obteñen axudas para o seu desenvolvemento

14/07/2024 | 10:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
14/07/2024 | 09:57 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta aumenta o servizo de bibliotecas móbiles coa adxudicación dunha terceira ruta de ‘A Furgoteca’

A nova liña, que estará dispoñible tras o verán, completa as dúas que xa funcionan desde marzo de 2023 no rural de Lugo e Ourense, reforzando o servizo con 10 concellos máis da zona occidental desta última provincia

14/07/2024 | 09:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 2,3 M€ as obras de reforzo do firme nas estradas PO-206 e PO-905 ao paso polos concellos de Lalín e de Vila de Cruces

As intervencións permitirán o acondicionamento do firme en preto de 21 quilómetros destas vías autonómicas

13/07/2024 | 16:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que permanece aberta a convocatoria de apoios para impulsar a actividade de empresas de base tecnolóxica e a xeración de emprego cualificado

Os apoios, cuxo prazo remata o 30 de setembro, inclúen achegas para os gastos do primeiro ano, as contratacións indefinidas, a conciliación e a función de xerencia 

13/07/2024 | 16:21 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avanza que o ano que vén comezarán as obras de rehabilitación do Pazo de Lourizán

Apunta que contarán cun orzamento de 17,3 M€ ata 2026 e que a idea é construir un hotel de catro estrelas, un área de exposicións na planta baixa, un espazo multiusos para eventos, salas de coworking para empresas do sector forestal, e rutas guiadas polos xardíns