Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 312 novas da área temática Transporte:

28/04/2023 | 12:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas de empresas para executar un aparcadoiro disuasorio para o fomento do vehículo compartido na PO-546 en Lourizán, en Pontevedra

O novo aparcadoiro, licitado por 350.000 € construirase na vía autonómica, no tramo entre o acceso ao Pazo de Lourizán e a intersección co núcleo do Rozo

28/04/2023 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca as axudas para a modernización e dixitalización das frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías, dotadas cun orzamento de 6 M€

Trátase de incrementar a eficiencia destas empresas e do sistema de transporte por estrada, mediante a dixitalización, a sustentabilidade, a conectividade, a renovación dos sistemas e a introdución de novas tecnoloxías no sector

27/04/2023 | 15:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilita un novo aparcadoiro de 38 prazas en Teis no marco da humanización da avenida de Galicia de Vigo

A optimización do espazo permitiu habilitar 5 prazas máis das inicialmente previstas, máis outras 3 para persoas con mobilidade reducida

27/04/2023 | 15:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta demanda ao Goberno os trens AVRIL para que o AVE chegue ás cidades galegas e a modernización da liña que une A Coruña con Lugo e Ferrol

Vázquez Mourelle salienta as actuacións premiadas, o AVE galego e a obra civil e mariña para a descarga de cru en Langosteira, grazas ao esforzo de enxeñeiros, técnicos e operarios implicados

26/04/2023 | 18:09 | C. de Sanidade

A Xunta continuará incrementando o número de ambulancias do 061 no vindeiro concurso de transporte urxente

O conselleiro de Sanidade lembrou que a dotación actual da flota do 061 galego supón ata 15 ambulancias máis das que existían no ano 2008, o que ten aumentado preto dun 25 % o número de mobilizacións anuais desde entón

23/04/2023 | 11:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para executar un aparcadoiro disuasorio para o fomento do vehículo compartido en Ribadumia, cun investimento de preto de 480.000 euros

Habilitarase un aparcadoiro de 77 prazas na contorna da rotonda entre a autovía do Salnés e a VG-4, no núcleo de Barrantes, con 2 prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida

22/04/2023 | 10:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 6 ofertas de empresas para executar o aparcadoiro disuasorio na zona de Ameal, no concello de Marín, cun investimento de preto de 650.000 €

Este novo aparcadoiro emprazarase nas inmediacións da Variante de Marín (VG-4.4) e da vía provincial EP-1202 e contará cunha superficie total de 3.000 m²

19/04/2023 | 18:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta estuda recuperar o tráfico das liñas de autobús que conectan Ferrol con Pontedeume, Betanzos, A Coruña, Santiago e Vigo pola avenida das Pías mentres estea activo un carril en cada sentido

Durante o encontro púxose de relevancia a necesidade de que a proposta conte coa conformidade de Concello de Ferrol e Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana

18/04/2023 | 15:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
18/04/2023 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do decreto que intensificará o control da seguridade viaria das estradas autonómicas coa realización de auditorías e inspeccións das vías

O decreto reforza a perspectiva da seguridade desde a fase inicial de planificación de infraestruturas e incorpora as auditorías técnicas da seguridade para o deseño dos proxectos de estradas nas diferentes fases ata o remate das obras e a explotación