Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

28/12/2023 | 16:43 | C. do Mar

O conselleiro do Mar reúnese coa confraría de Corcubión para abordar as necesidades en materia pesqueira e portuaria dos seus profesionais

Alfonso Villares enmarcou este encontro dentro da rolda de visitas que o seu departamento vén realizando para coñecer de xeito directo as demandas dos usuarios dos 122 peiraos autonómicos

27/12/2023 | 15:27 | C. do Mar

Alfonso Villares visita a planta de Pescados Rubén e destaca o papel de locomotora que xogan as empresas transformadoras de produtos do mar para A Mariña

O titular de Mar enxalzou o esforzo desta industria alimentaria pesqueira para continuar a sumar valor engadido aos seus produtos e gañar novos mercados

Alfonso Villares volveu a reclamar un Perte que reforce a este sector ante o complicado panorama financeiro e de novo a rebaixa do IVE a estes alimentos

26/12/2023 | 19:01 | C. do Mar

A Xunta mantén o diálogo coas confrarías para que deste traballo conxunto se logre o maior apoio posible para a produción marisqueira de Galicia

O titular de Mar detallou aos presidentes das federacións de confrarías que a Delegación do Goberno xa trasladou a petición de zona catastrófica á Dirección xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio del Interior e á Secretaría Xeral de Coordinación Territorial do Ministerio de Política Territorial

22/12/2023 | 14:53 | C. do Mar

Xunta e expertos das universidades da Coruña e Santiago instan a aproveitar o crecemento previsto da demanda de produtos do mar nos próximos anos

Alfonso Villares pon en valor a estratexia de promoción dos alimentos mariños realizada pola Xunta de Galicia e insiste en trasladar ao Estado que a rebaixarlle o IVE só ten vantaxes, tanto a nivel de saúde como en impulso do sector produtor

22/12/2023 | 12:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta fixa a nova tempada de pesca da anguía na desembocadura do río Tambre entre o 1 de maio e o 30 de setembro de 2024

A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica hoxe a resolución renovando o plan de aproveitamento específico da especie

21/12/2023 | 15:11 | C. do Mar

A Estratexia da Economía Azul de Galicia encara a súa recta final co obxectivo de poñela en marcha durante a primeira metade de 2024

Avánzase cara a validación definitiva do conxunto de medidas que busca que todo o que rodea ao mar sexa un motor de crecemento socioeconómico e ambiental

20/12/2023 | 20:36 | C. do Mar

A Consellería do Mar presenta ante a Delegación do Goberno en Galicia a petición de declaración de zona catastrófica nas rías trala alta mortaldade do marisco polos temporais

O conselleiro, que estivo en contacto permanente co sector no proceso de elaboración desta solicitude, mantivo unha nova reunión cos presidentes das federacións provinciais das confrarías de Pontevedra e Coruña na que informou dos pasos dados ata o momento polo Goberno galego

20/12/2023 | 14:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a nova liga Cíes-Rande que celebrará doce regatas na ría de Vigo durante 2024

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e a vicepresidenta da Deputación, Marta Fernández-Tapias, presentaron este mércores o evento náutico

19/12/2023 | 15:25 | C. do Mar

A Xunta destaca que Galicia é referencia na formación profesional de calidade no ámbito marítimo pesqueiro cun papel fundamental na remuda xeracional

Villares destaca que o Igafa é desde o 2005 centro nacional de formación ocupacional na área formativa de acuicultura e no 2019 foi recoñecido como Centro de Referencia Nacional (CRN) nas áreas profesionais de acuicultura e mergullo