Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

05/03/2024 | 15:22 | A Presidencia da Xunta

A Xunta apoia melloras en infraestruturas e equipamentos municipais de Curtis con achegas que suman 149.000€

A directora xeral de Administración Local visitou a localidade para coñecer os resultados das obras e as dotacións adquiridas a través de diferentes liñas de axudas

05/03/2024 | 15:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 6 ofertas para dotar de abastecemento os núcleos de Nantón e Anos, no concello de Cabana de Bergantiños, cun investimento máis de 1,3 M€

A actuación permitirá dotar a estes 2 núcleos do servizo e asegurar o subministro de auga ao municipio e ao futuro parque industrial da Costa da Morte, co obxectivo de servir a unha poboación futura de 2.000 persoas

04/03/2024 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita as melloras de acondicionamento previstas no edificio antigo dos xulgados da Parda

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e a xuíza decana de Pontevedra, Belén Rubido, visitaron hoxe o inmoble, onde se realizarán melloras que afectarán sobre todo ás zonas da subdirección do Imelga e do xulgado de garda co obxectivo de mellorar o seu funcionamento e a calidade do servizo

04/03/2024 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras do aparcadoiro disuasorio de Nigrán avanzan na estrada Gondomar-Ramallosa con 72 prazas

Ana Ortiz visitou este luns a nova infraestrutura que se constrúe no ámbito da autoestrada AG-57 e a PO-340 (Gondomar-A Ramallosa)

04/03/2024 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que esta primavera se poñerá en servizo o colector do río Sardiña que completa o saneamento da Malata de Ferrol, cun investimento conxunto da Xunta e do Concello de 900.000 €

Vázquez Mourelle explica que se trata dunha actuación complementaria ás obras de saneamento da Malata, culminada en 2021 cun orzamento autonómico de 7,3 M€

02/03/2024 | 10:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/03/2024 | 13:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de mellora do firme en 3 estradas ao seu paso por 7 concellos da comarca de Ferrolterra, cun investimento de preto de 1,5 M€

Actuarase nas estradas AC-110, AC-564 e AC-566 nos concellos de Cerdido, Moeche, As Somozas, A Capela, As Pontes, Valdoviño e Cedeira

01/03/2024 | 13:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a Xunta porá en servizo en abril un aparcadoiro disuasorio en Ribadumia cun investimento de 545.000 € para fomentar as viaxes compartidas en torno á autovía do Salnés

Este equipamento, cuxa execución se atopa ao 35 %, facilitará aos condutores un punto de encontro para facer uso de vehículo compartido nas viaxes pola comarca e cara as áreas de Pontevedra, Vigo ou Santiago

01/03/2024 | 11:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG recolle a aprobación do proxecto de trazado do treito da autovía Tui-A Guarda entre a estrada PO-350 e Estás, en Tomiño

Este treito de novo trazado comezará cun enlace no punto quilométrico 3+790 da PO-350 e avanzará en dirección A Guarda ata o punto 59+860 da PO-552, na glorieta de Estás

29/02/2024 | 16:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza a solución para a reconstrución do estribo danado na ponte da estrada OU-536 en Xunqueira de Espadanedo

Acometerase a reconstrución do apoio dispoñendo un recheo de pedra nos primeiros metros e co ancho axeitado nos muros de sillería para garantir a súa resistencia, aproveitando os sillares da propia ponte