Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 299 novas da área temática Formación:

02/03/2023 | 14:11 | C. do Mar

O centro A Aixola forma a máis de 60 persoas en distintas actividades do sector pesqueiro a través de sete das catorce accións programadas para 2023

A directora-xerente do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, Paloma Rueda, visitou ao alumnado das formacións que están actualmente en marcha na escola con sede no porto de Marín
 

02/03/2023 | 12:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén supervisa o desenvolvemento do Programa de Apoio e Reforzo Asistido por Cans dentro da iniciativa EDU Innova da Xunta

O delegado territorial da Xunta explicou que a iniciativa de Contratos-Programa trata de constituír un instrumento de apoio aos centros para que poidan desenvolver un plan de mellora no que se permita impulsar unha educación para o desenvolvemento sostible e mellorar a xestión dos centros

28/02/2023 | 12:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta outorga axudas a 9 asociacións profesionais e empresariais para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia cun investimento de 500.000 €

O obxectivo é mellorar as capacidades dos profesionais do sector en eidos como a seguridade viaria, a manipulación de mercadorías perigosas ou a eficiencia na xestión empresarial

28/02/2023 | 11:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O número de estudantes de FP medrou en máis dun 36 % nunha década na área de Santiago de Compostela

Un total de 18 centros imparten 143 ciclos nesta zona, con máis de 3.700 alumnos

24/02/2023 | 13:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana pon en valor o programa Investigo co que a Xunta aposta pola xeración de emprego xuvenil na investigación, a tecnoloxía e a innovación

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Santiago de Compostela a empresa Teimas Desenvolvemento, beneficiaria destes apoios para a contratación de menores de 30 anos

16/02/2023 | 19:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia e Madrid intercambian experiencias en políticas de impulso ao emprendemento e á economía social para xerar máis e mellor emprego de calidade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe unha reunión con representantes dos gobernos autonómicos e municipais de Madrid

15/02/2023 | 18:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convocou no que vai de 2023 axudas para apoiar o traballo autónomo, a economía social e as contratacións en empresas por máis de 47 M€

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, presentou as recentes convocatorias de axudas ao emprego 2023 aos graduados sociais de Lugo

15/02/2023 | 14:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
15/02/2023 | 13:28 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración recolle as impresións sobre o retorno dos bolseiros Beme que están a cursar un mestrado na UVigo

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríugez Miranda, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias mantiveron un encontro con estes alumnos que se benefician dunha das liñas de apoio ao retorno que forman parte da Estratexia Galicia Retorna

15/02/2023 | 13:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Rede Eusumo da Xunta apoia o segundo laboratorio de iniciativas sostibles de emprendemento que promove a Confederación Empresarial de Ourense

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou na presentación desta iniciativa que aspira a reunir, nunha única xornada, 100 ideas de negocio na provincia de Ourense