Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 988 novas da área temática Educación:

23/04/2024 | 10:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O curso escolar 2024-25 comezará o 11 de setembro e rematará o 20 de xuño

O DOG publica o calendario que rexe para todas as etapas educativas: Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP e ensinanzas de Réxime Especial

22/04/2024 | 17:00 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arrancan os trámites para facer efectiva a matrícula gratuíta para todos os estudantes de grao universitario e de ensinanzas artísticas superiores a partir do vindeiro curso 2024-25

Rueda destaca que, deste xeito, o acceso ao ensino público en Galicia "será totalmente gratis" desde as escolas infantís ata finalizar unha carreira

21/04/2024 | 10:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recoñecerá, por primeira vez, os mellores proxectos de investigación dos estudantes que cursan o Bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía

Trátase dunha iniciativa novidosa da Consellería de Educación co fin de valorar o traballo desenvolvido polos colexios e institutos que participan no STEMBach

20/04/2024 | 11:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta avanza na preparación do vindeiro curso coas convocatorias para a mellora de competencias en idiomas e dixitais no ensino galego

Os colexios e institutos que o desexen, de forma voluntaria, xa poden solicitar a súa incorporación á Rede de Centros Plurilingües e ao proxecto E-Dixgal

19/04/2024 | 16:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez comparte a importancia das ensinazas deportivas cos profesionais Aíto García Reneses, Xisco Gil e Pepe Casal

O exseleccionador olímpico de Baloncesto, o seleccionador olímpico de Vela e o expreparador físico da Selección Olímpica de Baloncesto participan nas ‘Charlas olimpismo e deporte’

19/04/2024 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza a colaboración con Stellantis Vigo na aposta por unha FP innovadora e adaptada ao tecido produtivo e á demanda de talento profesional

Trátase de acordos para programas duais nas especialidades de Mecatrónica, Robótica Colaborativa e Vehículos Híbridos/Eléctricos

19/04/2024 | 12:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia que o alumnado do instituto IES Valle-Inclán poderá estrear as primeiras aulas novas a partir do luns

Salienta a envergadura da obra neste edificio histórico que cualifica como “unha das catedrais educativas que temos en Galicia” cun investimento de 4,7M€

18/04/2024 | 19:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
18/04/2024 | 11:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta potencia na feira InnovArt 24 as ensinanzas artísticas, deportivas e de idiomas que reúnen a 6.000 personas, case o dobre que na primeira edición

Os conselleiros fan fincapé na importancia destas ensinanzas como canteira tanto da cultura como do deporte en Galicia e destacan o traballo para profesionalizalas

17/04/2024 | 15:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ana Ortiz felicita á dirección do Conservatorio profesional de música de Vigo tras converterse no primeiro de Galicia con acreditación “Erasmus+”

A delegada territorial da Xunta visitou este mércores o centro educativo no que se forman 560 estudantes e traballan 68 docentes