Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 861 novas da área temática Economía:

19/12/2023 | 15:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que proxectos como UVigo Spacelab son mostra do talento innovador e emprendedor do estudantado galego

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou hoxe as instalacións coas que conta este equipo de estudantes dedicado ao deseño, fabricación e operación de pequenos satélites e misións espaciais

19/12/2023 | 15:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avoga por un rural que atraia nómades dixitais e traballadores en remoto para nutrirse do seu potencial e impulsar as economías locais

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, acompañado da directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, visitou o proxecto de ‘coliving’ iSlow Costa da Morte

19/12/2023 | 13:21 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda comprométese a incrementar a estreita relación entre Galicia-Norte de Portugal para atraer máis investimentos a esta Eurorrexión

Salienta os efectos “notorios e eficaces” desta colaboración e augura que poden ser “moitos máis” ante os “retos-oportunidades” de mellorar as conexións ou levar acabo accións conxuntas en sectores clave, como as enerxías renovables

18/12/2023 | 21:02 | A Presidencia da Xunta
15/12/2023 | 17:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta solicita a Alcoa claridade e transparencia no calendario de actuacións e o compromiso de todos para garantir o futuro da planta

Demanda ao Goberno que adopte as medidas precisas para garantir ao sector electrointensivo un prezo eléctrico competitivo

15/12/2023 | 15:42 | C. do Mar

Os proxectos para a modernización de buques acadan un novo máximo con 85 axudas concedidas este ano por máis dun millón e medio de euros

Antonio Basanta detalla que se ampliou o crédito inicial debido ao importante número de solicitudes presentadas para actuacións que melloran as condicións a bordo, a eficiencia enerxética e motriz e que as que aumentan o valor engadido nas frotas

15/12/2023 | 15:27 | C. de Economía e Industria

O Cesga fai balance dos seus trinta anos coa vista posta nun segundo computador cuántico e o supercomputador Finisterrae IV

A directora da Axencia Galega de Innovación e presidenta do Cesga, Patricia Argerey, participou esta mañá no evento xunto ao director e subdirector do centro, e antigos responsables

14/12/2023 | 20:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon aos empresarios do polígono do Tambre como exemplo do espírito da industria galega

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou no acto homenaxe ás empresas que cumpren 25 anos na Asociación, onde destacou a importancia de apostar pola cooperación público-privada para impulsar o desenvolvemento industrial e económico de Galicia

13/12/2023 | 17:02 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca a aposta da Xunta por implantar en Galicia unha industria xeradora de biocombustibles

Salienta que a Administración autonómica está poñendo sobre a mesa todas as facilidades posibles a nivel de tramitación e apoios para ver materializados os proxectos previstos