Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

11/12/2023 | 13:27 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles agradece ás axencias de viaxe a súa contribución no reforzo da competitividade do destino

O director de Turismo de Galicia participa no acto de integración da asociación provincial de Pontevedra na Asociación Galega de Axencias de Viaxe (AGAVI)

11/12/2023 | 12:12 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta organiza este Nadal tres xornadas de visitas guiadas gratuítas para coñecer o pazo de Lourizán

Celebraranse os días 23, 27 e 30 de decembro en dous grupos diarios de 20 persoas cada un e, como agasallo, cada participante recibirá unha camelia de Nadal

08/12/2023 | 10:45 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles avanza á mancomunidade de concellos do Camiño Francés a folla de ruta de 2024 con máis de 1 M€ para conservación e mantemento deste itinerario

O director de Turismo de Galicia reuniuse coa presidencia da entidade e afondou nalgunhas accións no marco do Plan Director dos Camiños de Santiago 22-27

07/12/2023 | 15:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 4 M€ para impulsar a rehabilitación de edificios senlleiros do Camiño de Santiago para crear establecementos turísticos

Esta liña de axudas impulsa a rehabilitación sustentable para usos de aloxamento ou restauración

07/12/2023 | 14:07 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles salienta o interese do Nadal galego, que suma desde hoxe o Belén da Catedral de Santiago na Igrexa de San Agostiño

O director de Turismo de Galicia participa na apertura deste nacemento que é do templo catedralicio, coa colaboración da Xunta de Galicia, e que este ano estará novamente aberto para a súa visita nesta igrexa ao carón do Mercado de Abastos

05/12/2023 | 12:51 | Axencia de Turismo de Galicia

Arranca a terceira edición da aceleradora de empresas turísticas da Xunta, Turislab, que amplía vínculos con Portugal

Incorpórase ao Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal POCTEC incluíndo como socios a Comunidade Intermunicipal Alto Minho (CIM AM) e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa

04/12/2023 | 12:55 | Axencia de Turismo de Galicia

Música, reflexión e arte centran a programación da Xunta no 30 aniversario do Camiño Francés como patrimonio da humanidade

As actividades comezan este domingo 10 de decembro co repique das campás da Catedral de Santiago e varias igrexas da cidade e, pola noite, estrearase a iluminación especial da Torre do Reloxo que permanecerá acesa toda a semana

03/12/2023 | 19:02 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles visita o Belén de Valga co que arranca Nadal en Galicia, a proposta da Xunta para potenciar o valor turístico destas datas

Turismo de Galicia convida a participar nas diferentes propostas como beléns, mercados, espectáculos que se celebran nas catro provincias

02/12/2023 | 14:23 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a renovación da praza do Mar de Sanxenxo como exemplo de integración dos espazos urbanos e portuarios

Salienta que permitirá dar unha nova vida a este espazo e que dará a oportunidade a veciños e visitantes de desfrutar da costa da localidade

02/12/2023 | 11:15 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles salienta o investimento da Xunta de 3,5 M€ para reforzar os servizos do camiño Fisterra e Muxía

Refírese á aposta dos últimos anos que fixo posible incrementar as prazas de aloxamento con novos albergues da rede pública e conservación do trazado
Indica que o Plan Director dos Camiños de Santiago 22-27 mantén o seu compromiso con accións transversais e un investimento de máis de 700.000 euros para o vindeiro 2024