Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

11/03/2024 | 11:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 3,6 M€ as obras de mellora do firme en 7 estradas autonómicas ao seu paso por 10 concellos da provincia da Coruña

Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas AC-300, AC-303, AC-406, AC-432, AC-546, AC-550 e AC-552, que discorren polos concellos da Baña, Brión, Negreira, Vimianzo, Padrón, Ribeira, Rois, Santa Comba, Val do Dubra e Outes

10/03/2024 | 10:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas autonómicas nas provincias da Coruña, de Lugo e de Ourense

Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao

08/03/2024 | 13:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina máis de 48.000 euros a obras de accesibilidade no concello de Crecente

Este Concello tamén se beneficiou dunha axuda de 40.000 euros para a adquisición  dun vehículo adaptado que mellore o transporte nos seus centros de atención social

08/03/2024 | 13:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
07/03/2024 | 16:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta trasládalle ao Concello de Burela a proposta de convenio para executar a nova estación depuradora de augas residuais, que suporá un investimento total de 8,7 M€

O Goberno galego achegará o financiamento maioritario, contribuíndo co 95% do custo da intervención, correspondéndolle ao Concello o 5% restante

07/03/2024 | 13:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de mellora do firme en 3 estradas autonómicas na provincia de Lugo cun investimento de preto de 2,5 M€

Actuarase nas vías LU-530, LU-122 e LU-113, ao paso por Castroverde, Baleira, A Fonsagrada, Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza e Riotorto

06/03/2024 | 13:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/03/2024 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a Xunta porá en servizo en maio as novas sendas nas estradas PO-302 e PO-306 en Caleiro, en Vilanova de Arousa, tras un investimento de case 1,3 M€

Habilítase unha senda de 1.100 metros na PO-302 e un itinerario de 270 metros ao longo da PO-306, cunha anchura mínima de 2,20 m para favorecer a accesibilidade e a mobilidade dos veciños

06/03/2024 | 12:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 4 ofertas para a explotación e mantemento da estación de tratamento de augas residuais de Ortigueira nos vindeiros 2 anos

Este servizo, cun orzamento de máis de 1,4 M€, inclúe os traballos de conservación das instalacións para que cumpran os obxectivos de depuración en condicións óptimas de funcionamento

06/03/2024 | 10:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina o convenio para materializar o incremento da capacidade do aparcadoiro da estación intermodal da Coruña ata acadar máis de 550 prazas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade encárgase da construción da nova estación de autobuses integrada na termina ferroviaria de San Cristóbal, ademais de executar os aparcadoiros e os elementos comúns coa estación de tren