Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 328 novas da área temática i+D+i:

03/04/2023 | 16:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Mondoñedo será sede dun polo de emprendemento e apoio ao emprego que dará cobertura aos 15 concellos das comarcas a mariña central, occidental e oriental

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe a nova oficina de asesoramento personalizado e continuo ás persoas emprendedoras que comezará desde mañá a prestar servizo

03/04/2023 | 13:09 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta completará este mes a dotación de equipamento tecnolóxico innovador en máis de 80 aulas adheridas ao Plan de reforma da rede CeMIT

En total distribuiranse máis de 1.300 dispositivos entre impresoras 3D, kits de robótica, drons, gafas de realidade virtual e kits de placas de comunicación e programación
 

03/04/2023 | 13:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a presenza das startups galegas na Feira Internacional Mindtech que se celebrará en Vigo en xuño

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación destina 200.000 euros a un novo convenio con Asime que facilitará a promoción das iniciativas innovadoras galegas neste encontro

31/03/2023 | 13:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza no Polo Aeroespacial de Galicia e impulsará a compra privada de innovación na que pemes e centros tecnolóxicos galegos darán resposta aos retos de empresas tractoras do sector

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou nun encontro en Madrid no que se presentaron os programas de I+D dos novos socios estratéxicos do Polo Aeroespacial de Galicia: Airbus, Avincis e Telespazio

31/03/2023 | 12:50 | C. de Sanidade

A Xunta completa a nova área de radioloxía do CHUF e inicia o proceso de redacción da fase final do complexo

O espazo para radiodiagnóstico chega aos 2.200 m2, case duplicando a superficie anterior, e incorpora equipos por 5,5 millóns de euros que inclúen unha segunda resonancia magnética e TACs e ecógrafos renovados

30/03/2023 | 16:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta que o recoñecemento europeo aos hubs de innovación dixital estratéxicos de Galicia facilitará a transformación das pemes galegas

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, destacou a contribución destes instrumentos á internacionalización da I+D+i galega e ao acceso do tecido empresarial a recursos da contorna europea

29/03/2023 | 14:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega ás empresas coruñesas as ferramentas ao seu dispor para impulsar novos investimentos

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou nun almorzo organizado por Nordés Club Empresarial no que explicou o funcionamento da Oficina Galicia Empresa, a través da cal se ofrece orientación e asesoramento aos proxectos

28/03/2023 | 15:03 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda asegura para Galicia unha posición privilexiada nun futuro marcado polo coñecemento e a innovación

Salienta que na fase de elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) participaron máis de 800 representantes de 500 axentes diferentes, que incluíron empresas, centros de coñecemento e tecnolóxicos e administracións

24/03/2023 | 14:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abrirá en Vigo este ano un dos polos da rede autonómica de emprendemento e apoio ao emprego

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacaron hoxe a importancia de que Vigo albergue unha destas oficinas por ser unha cidade estratéxica para toda Galicia