Actualidade
Buscador de novas
A Policía Autonómica localiza 'in fraganti' un presunto incendiario no Concello de Ourense
Un axente da Policía Autonómica, de acordo cos protocolos establecidos, informou a unidade para que procedese á identificación da suposta persoa autora do lume
A Xunta reforzará desde mediados de xullo o horario do telefóno 012 para atender as incidencias relacionadas coa vespa velutina
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantiveron hoxe unha reunión con representantes da empresa pública Seaga encargada da retirada dos niños, da central de chamadas do 012 e do 112 Galicia
O 061 de Galicia asistiu 80 persoas por 55 accidentes de tráfico durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 23 de xuño, ata as 23,59 horas do domingo, 25 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 67 chamadas por accidentes de tráfico
O alumnado da 15ª promoción de Policía Local remata a primeira parte da súa formación práctica na Agasp cunha olimpíada
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na entrega de premios da ‘I Olimpíada de Policía Local de Galicia’ que se levou a cabo nas instalacións da Academia grazas á implicación do alumnado e do profesorado
O 061 de Galicia aconsella precaución co consumo de alcohol, a condución e o lume das fogueiras durante a noite de San Xoán
A Central de Coordinación do 061 reforza o seu persoal ante o incremento do número de chamadas por intoxicacións, accidentes de tráfico e queimaduras
Finaliza con éxito a proba de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 39 presas galegas
A proba comezou na xornada de onte ás 9,00 horas en Belesar e repetiuse en distintas presas ata as 13,00 horas de hoxe
A Xunta realiza a primeira xornada de probas de sirenas de aviso á poboación das presas de Galicia
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, comprobou o desenvolvemento destas probas coas que garantir operatividade das sirenas e que non afectan á actividade diaria da veciñanza, pero nalgunhas zonas poden ser audibles
A Xunta crea unha unidade especializada en grandes lumes e amplía e mellora o dispositivo de loita contra os incendios forestais
Diego Calvo incidiu na importancia da colaboración da sociedade na denuncia da actividade incendiaria e na coordinación entre administracións na loita contra o lume a través deste dispositivo de máis de 7.000 efectivos
A Xunta realiza mañá e o venres probas de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 39 presas galegas
A medida non afectará á actividade diaria da veciñanza e servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de ruptura