Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

07/02/2024 | 14:21 | C. do Medio Rural

O DOG publica o decreto para regular o réxime xurídico e o rexistro dos montes de varas

Este decreto vén satisfacer unha demanda histórica das comunidades que teñen por obxecto os montes de varas en Galicia, outorgándolles seguridade xurídica en materia de organización e funcionamento e regulando o seu rexistro administrativo

07/02/2024 | 14:20 | C. do Medio Rural

A Xunta sinala as industrias de transformación agroalimentaria como unha das principais potencias económicas do rural galego

O Goberno autonómico amosa un claro compromiso con este ámbito, que se traduce nas diferentes liñas de achegas convocadas nos últimos anos con este obxectivo

07/02/2024 | 13:58 | C. do Medio Rural

A Lei da calidade alimentaria entra en vigor hoxe para reforzar a aposta da Xunta pola excelencia, a sustentabilidade e a promoción das producións primarias

O texto legal asegura a calidade dos produtos alimentarios, en defensa da lealdade das transaccións comerciais e dos dereitos e intereses lexítimos dos produtores primarios, operadores económicos e profesionais do sector, así como dos consumidores

06/02/2024 | 13:04 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa da man dos axentes sociais a planificación integral das áreas afectadas polos incendios de 2022 para fomentar a súa recuperación

Os labores teñen que ver coa plantación e reforestación con coníferas e frondosas autóctonas, a apertura e mellora de pistas e camiños, a construción e mellora de puntos de auga ou a mellora e implantación de faixas secundarias
 

05/02/2024 | 15:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia aposta por un Plan Estratéxico Galego de cara á nova Política Agraria Común no Comité Europeo das Rexións

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na comisión NAT do Comité Europeo das Rexións

05/02/2024 | 14:25 | C. do Medio Rural

A Xunta completa actuacións de mellora en 8,3 quilómetros de pistas do Distrito forestal XIX Caldas-Salnés

Realizáronse traballos en montes dos concellos pontevedreses de Pontecesures, Cuntis e Valga
 

05/02/2024 | 12:46 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza xornadas de portas abertas para que profesionais e público xeral poidan coñecer o novo matadoiro móbil

As quendas de visitas serán mañá, 6 de febreiro e o próximo día 14, de 8,30 a 14,30 horas no polígono industrial Os Acivros en Chantada
 

04/02/2024 | 15:45 | C. do Medio Rural

A Xunta destinará 1,5 millóns de euros para colaborar cos concellos na elaboración de estudos integrais da rede viaria municipal, co fin de facilitar novas intervencións

Este investimento forma parte dos 19,5 millóns de euros convocados para o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025