Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.980 novas da área temática Áreas temáticas:

15/07/2024 | 18:00 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e Stellantis Vigo promoven unha nova campaña de doazón de sangue

A factoría viguesa acolle durante os días 16, 17 e 18 xullo a terceira das catro visitas anuais que ADOS ten programadas durante o ano 2024

15/07/2024 | 17:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión Coruña Marítima acorda convocar un concurso internacional para elaborar o deseño que definirá a transformación da fachada marítima

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou en representación da Xunta na primeira reunión do órgano que dirixirá o futuro dos espazos portuarios da cidade

15/07/2024 | 17:37 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Gaiás aposta por un ocio compartido entre cativada e maiores co concerto ‘Viva o pop!’ do seu ‘Verán en Familia’

A compañía Rock en Familia trae o espectáculo ‘Viva o pop!’ para rememorar os grandes éxitos dos 80 e 90 cos máis pequenos da casa 

15/07/2024 | 17:31 | Axencia de Turismo de Galicia

Ana Ortiz destaca a promoción do Bono Turístico da Xunta con doce establecementos adheridos en Vigo

A delegada territorial en Vigo visitou este luns unha das axencias de viaxes que forman parte da nova campaña de Turismo de Galicia

15/07/2024 | 16:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda informa da autorización da contratación das obras de rehabilitación de 4 edificios para crear 14 vivendas para alugamento social en Ourense, Ribadavia e Tui

Salienta que unha das liñas da política de vivenda da Xunta é apostar pola rehabilitación, especialmente nos cascos históricos, o que tamén permite “darlles vida e evitar a súa degradación”

15/07/2024 | 16:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda reúnese coa embaixadora de Alemaña para impulsar as relacións económicas e turísticas

Nos últimos anos incrementáronse o volume de exportacións, importacións e tamén a cifra de viaxeiros

15/07/2024 | 16:19 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda anuncia a concesión das Medallas de Galicia 2024 a Luis Tosar, Zaza Ceballos e á Academia Galega do Audiovisual

Destaca que a entrega deste ano recoñece o audiovisual galego como sector artístico e estratéxico a través de dous nomes singulares da interpretación e da produción e dun colectivo profesional que defende os intereses dese ámbito

15/07/2024 | 16:16 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a Xunta destinará case 12 M€ nos próximos dous anos para a xestión da rede pública de albergues

Destaca que son un total de 79 instalacións que ofrecen máis de 3.500 prazas en todos os camiños recoñecidos oficialmente