Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 263 novas da área temática Vivenda:

16/03/2023 | 11:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca por 1 M€ axudas á rehabilitación e mellora de vivendas de promoción pública

Estas subvencións, das que xa se beneficiaron preto de 3900 inmobles desde o ano 2016, van dirixidas a comunidades de propietarios de vivendas en edificios promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo ou transferidos ao mesmo

13/03/2023 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apoiou a 25 veciños de Ferrol, Eume e Ortegal menores de 36 anos na adquisición da súa vivenda o pasado ano

En febreiro publicouse unha nova convocatoria desta liña de incentivos que poderán solicitarse nos municipios de ata 10.000 habitantes, todos os das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal agás Ferrol, Narón e Fene

12/03/2023 | 14:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o labor dos arquitectos técnicos na difusión das axudas de vivenda en Galicia

Ángeles Vázquez agradece tamén o seu apoio e contribución no seo do Observatorio da Vivenda á modificación das normas de habitabilidade que pretende aprobar o Goberno galego este ano, a cal facilitará o cambio de uso de baixos comerciais baleiros a vivendas

10/03/2023 | 14:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 134.000 euros a obra de humanización e posta en valor da contorna de varios espazos públicos no Concello da Peroxa

As actuacións permitirán humanizar a contorna das vivendas sociais, mellorar o acceso á área de auto caravanas, acondicionar beirarrúas na estrada OU-0502 e ampliar o alumeado público do recinto de feira

09/03/2023 | 14:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
09/03/2023 | 14:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta compra 40 vivendas á Sareb para reforzar o parque público residencial destinado a alugueiro

O Goberno galego inviste case 3,5 M€ na adquisición destes inmobles, localizados en 16 concellos onde existe demanda de arrendamentos sociais a prezos accesibles
 

07/03/2023 | 12:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta a ampliación do parque residencial da Coruña coa venda dunha parcela para construír 90 vivendas protexidas no barrio de Xuxán

Ángeles Vázquez explica que todos os inmobles contarán con 2 baños, unha praza de garaxe e un rocho, e no que respecta á distribución interna, terán 2, 3 ou 4 dormitorios

04/03/2023 | 14:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convocará en abril unha nova orde de axudas para mellorar a eficiencia enerxética en vivendas e edificios de uso residencial

Ángeles Vázquez subliña o éxito da primeira convocatoria do programa de actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, financiado con fondos europeos e que se saldou en Galicia con 251 subvencións outorgadas e unha execución de case o 95%

02/03/2023 | 14:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
01/03/2023 | 13:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica a redacción dos proxectos de rehabilitación de dous inmobles en Ferrol Vello

O contrato refírese aos edificios localizados en Mercé 20-22 e Carme Curuxeiras 36-38 e foi adxudicado por un total de 95.892,50 euros, incluíndo a dirección das obras