Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

22/12/2023 | 11:43 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles salienta os 28 M€ que a Xunta destina en axudas para impulsar a diversificación e competitividade do turismo galego

O director de Turismo de Galicia responde unha pregunta no Parlamento sobre as políticas de apoio ao sector e aos concellos do seu departamento este ano

21/12/2023 | 16:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta iluminará o Teatro Jofre, o Concello de Fene e o Torreón dos Andrade durante este Nadal no marco da iniciativa “Acende o Camiño de Santiago”

Dentro do programa Nadal en Galicia inclúense propostas locais como os beléns da Orden Tercera, en Ferrol; o da Sociedade Cultural O Tilo, en Ares, e o de Ortigueira; así como o mercado de Nadal de Ferrol ou o Cine 360º que se proxectará do 28 ao 4 de xaneiro na praza de Amboage

21/12/2023 | 13:54 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta adxudica as obras de rehabilitación da fortaleza de Monterrei, que comezarán en febreiro

O director de Turismo de Galicia asina o contrato de inicio dos traballos coa empresa adxudicataria coa intención de que se teñan rematado durante 2025

20/12/2023 | 21:01 | Axencia de Turismo de Galicia

Arranca Acende o Camiño de Santiago, a iniciativa coa que a Xunta ilumina este Nadal medio cento de monumentos emblemáticos da Ruta Xacobea

O director de Turismo de Galicia participa na inauguración da iniciativa que comezou hoxe na Igrexa de Santiago Apóstolo no municipio coruñés de Padrón

20/12/2023 | 14:18 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia asumirá en 2024 a coordinación da España Verde, a marca turística do norte peninsular

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participa en Vitoria-Gasteiz na reunión co Asturias, Cantabria e Euskadi na que se fixo este anuncio e se fixo balance do ano

19/12/2023 | 21:48 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles participa na presentación de La Vuelta 24, que contará con catro etapas en Galicia

O director de Turismo de Galicia asiste ao acto oficial no que se anunciou o percorrido da proba ciclista que permitirá promover varios destinos galegos

19/12/2023 | 15:32 | Axencia de Turismo de Galicia

A futura estratexia de turismo de Galicia 2024-2030 avanza no seu deseño con máis de 1.000 participantes na fase de diagnose

O director de Turismo de Galicia reúnese co presidente do Clúster Turismo de Galicia no último encontro do proceso participativo desta folla de ruta da Xunta

18/12/2023 | 12:06 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta impulsa por máis de 500.000€ a reconversión do antigo sanatorio de O Paraxón nun novo reclamo turístico das mariñas coruñesas

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visita xunto ao rexedor de Oza-Cesuras este inmoble xa rehabilitado no que se están estudando os seus novo usos

14/12/2023 | 14:03 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta edita a primeira cronoloxía dedicada ao proceso histórico da Ruta Xacobea desde os seus inicios ata o século XXI

O director de Turismo de Galicia presenta este novo libro no marco das celebracións do 30 aniversario do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade

13/12/2023 | 16:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta invita aos emprendedores lucenses do sector turístico a participar na terceira edición de Turislab

Ata o día 26 de decembro está aberto o prazo para recibir proxectos innovadores candidatos a esta aceleradora de empresas