Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

13/05/2024 | 11:52 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 59 persoas por 46 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 10 de maio, ata as 23,59 horas do domingo, 12 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 60 chamadas por accidentes de tráfico

11/05/2024 | 17:07 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade nomea a Mª Fernanda López Crecente nova xerente da área sanitaria de Ferrol

Conta cunha ampla experiencia como directora de Procesos de Soporte nas áreas sanitarias de Santiago de Compostela e Barbanza e de Ferrol, así como en coordinación asistencial da Fundación Pública 061 Urxencias Sanitarias de Galicia

11/05/2024 | 17:02 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade nomea a José Santiago Camba Bouzas xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, está especializado en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía

11/05/2024 | 13:00 | C. de Sanidade

A Xunta e o Consello Oficial de Colexios Médicos de Galicia renovan o Programa Paime para a atención integral ao médico enfermo

O Goberno galego e os colexios médicos consideran que, atendendo ás características propias do exercicio desta profesión, debe garantirse aos facultativos enfermos unha atención médica específica e especializada

10/05/2024 | 14:56 | C. de Sanidade

A Xunta inicia mañá as probas do programa piloto de cribado de cancro de pulmón entre preto de 300 persoas da área sanitaria da Coruña, situando Galicia como referente en prevención

A posta en marcha deste programa piloto forma parte do Plan Inspira Saúde co que se aborda a protección da saúde fronte aos danos provocados polo tabaco

10/05/2024 | 14:02 | C. de Sanidade

A Xunta avoga por prestixiar o labor dos médicos de familia e mellorar as súas condicións de traballo para atraer a novos profesionais

Antonio Gómez Caamaño apunta a necesidade de adaptar os postos de traballo de medina de familia á idiosincrasia dos novos facultativos