Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

20/01/2024 | 14:28 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta esixe ao Goberno central que reclame responsabilidades polos danos medioambientais causados polo vertido de pellets

Resalta que é o Executivo estatal o que debe pedir explicacións xa que ten en exclusiva as competencias sobre contaminación mariña

19/01/2024 | 16:40 | C. do Mar

O sector marítimo-pesqueiro promove por unanimidade un manifesto en defensa da calidade dos produtos do mar e contra os bulos pola vertedura dos pellets

Os profesionais da pesca e da acuicultura condenan que se equipare a actual situación con traxedias contaminantes do pasado ou que se usen fotos falseadas de sinistros doutras zonas do mundo, pois danan a imaxe e o medio de vida

18/01/2024 | 16:33 | C. do Mar

Máis dun cento de empresas da transformación e venda de produtos do mar se benefician das axudas da Xunta para compensar sobrecustos pola guerra de Ucraína

O esencial segmento industrial da actividade marítimo-pesqueira de Galicia dispuxo dun apoio autonómico que non se habilitou por parte do Estado

16/01/2024 | 17:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O comité científico para avaliar a vertedura de pellets contará con expertos das tres universidades, entidades referentes no eido mariño e organizacións ambientais

O organismo, que se reunirá por primeira vez esta semana, terá inicialmente ao redor de 15 membros, aínda que a súa composición poderá sufrir máis incorporacións para adaptala ás necesidades e perfís profesionais que se vaian requirindo

16/01/2024 | 13:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon á peme cambadesa Real Conservera Española como exemplo de aposta por incorporar a innovación ao seu día a día

A empresa conserveira está implementando un plan a través do programa InnovaPeme co obxectivo de sistematizar a Innovación, obter o selo de Peme innovadora, incrementar a súa competitividade nos mercados exteriores e optimizar os procesos produtivos

12/01/2024 | 14:58 | C. do Mar

A Xunta e a industria transformadora de produtos do mar reforzarán a súa colaboración en 2024 para impulsar a competitividade do sector

O acordo anual inclúe diferentes actuacións de promoción e difusión da industria galega da transformación e das conservas de peixes e mariscos coa finalidade de favorecer a actividade das empresas galegas e o seu desenvolvemento

09/01/2024 | 20:19 | C. do Mar

A Xunta censura que o Estado non atallase a chegada dos pellets a Galicia pese a coñecer o suceso en Portugal desde o 8 de decembro

Alfonso Villares comparte o enfado do sector polo alarmismo xerado e pola inxusta e negativa imaxe que se acaba proxectando sobre a actividade destes profesionais
 

07/01/2024 | 17:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta reúne os gardacostas, técnicos ambientais e persoal do Intecmar para facer seguimento da limpeza das praias

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitoulle á vicepresidenta para a Transición Ecolóxica do Goberno central, Teresa Ribera, información actualizada e precisa da vertedura