Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

14/02/2024 | 17:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inclúe a praia de Celeiro, en Viveiro, nos controis do Programa de vixilancia sanitaria de zonas de baño

Estes controis teñen por obxecto recompilar datos para decidir a súa inclusión no censo oficial nas vindeiras tempadas

13/02/2024 | 12:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina 3,5 M€ a axudas para apoiar á cidadanía na compra de vivenda e concederá ata 5 M€ en avais para facilitar o acceso da mocidade a un fogar

O Goberno galego ofrecerá subvencións de ata 20.000 € para mercar inmobles cualificados como de protección autonómica e dun máximo de 15.000 € para acceder en propiedade a unha vivenda xa construída localizada en centros históricos

08/02/2024 | 15:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia presenta un total de 117 praias como candidatas a optar á bandeira azul en 2024

É a terceira comunidade autónoma que máis areais propuxo no marco da edición deste ano, con 40 na provincia da Coruña, 16 na de Lugo e 61 en Pontevedra

07/02/2024 | 15:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta publica unha monografía dixital cos resultados dos traballos de censo e seguimento da poboación reprodutora de nove aves mariñas en 2022

As especies que foron obxecto de estudo ao longo do litoral galego e no Parque Nacional son o corvo mariño cristado, a gaivota tridáctila, a gaivota patiamarela, a gaivota escura, o gaivotón, o arao común, a pardela cincenta, o paíño europeo e a gabita

06/02/2024 | 15:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta a aposta de Galicia pola economía circular na xestión dos residuos e anima aos axentes socioeconómicos a avanzar neste modelo

A Xunta destaca que a Comunidade é referente neste eido e pon en valor o traballo realizado por Sogama, cunha loxística na xestión dos refugallos comprometida co medio ambiente pois preto do 60% son transportados xa por ferrocarril

06/02/2024 | 12:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou un mes de xaneiro extremadamente cálido e normal en precipitacións

O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graos

05/02/2024 | 13:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Alianza galega polo clima acada xa os 100 membros trala adhesión de Conxemar aos compromisos de loita contra o quecemento global

Ángeles Vázquez agradece á asociación a súa colaboración na busca de sinerxías para aumentar a resiliencia de Galicia ao cambio climático e anima aos seus socios a unirse á alianza tamén a título individual
 

02/02/2024 | 12:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia é a cuarta comunidade española con máis humidais declarados de importancia internacional

Ángeles Vázquez explica que seis zonas húmidas galegas están incluídas na lista Ramsar, un recoñecemento de carácter internacional que se outorga aos espazos deste tipo máis representativos de todo o mundo

01/02/2024 | 17:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Colexio Oficial de Administradores de Fincas estudan novas vías de colaboración no eido da vivenda

Ángeles Vázquez e Teresa Suárez abordaron os resultados do primeiro ano do programa Vivendas Vivas e a inquedanza crecente que está a xerar entre os profesionais a nova Lei sectorial estatal e o tratamento que lle dá a temas como o fenómeno da ocupación

01/02/2024 | 16:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A UE selecciona un proxecto da Xunta como exemplo a seguir para a recuperación da píllara das dunas

Belén do Campo expón os resultados do plan de recuperación da especie impulsado en Galicia nos últimos anos e subliña o carácter innovador dalgunhas das medidas