Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 328 novas da área temática i+D+i:

17/04/2023 | 14:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia pon en valor a especialización intelixente como estratexia para aumentar o impacto das políticas de I+D+i

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, interveu esta mañá nunha mesa redonda sobre fendas rexionais no II Foro de Innovación e Desigualdade da Fundación Cotec en Xixón

13/04/2023 | 16:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta convida á industria española a aproveitar o potencial de coñecemento das pemes e centros do Polo aeroespacial de Galicia para dar resposta aos seus retos tecnolóxicos

O goberno galego lembra que lanzará un programa de compra privada de innovación para desenvolver solucións tecnolóxicas baseadas no uso de sistemas non tripulados e intelixencia artificial

12/04/2023 | 10:56 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda avoga pola colaboración entre a Administración e o tecido empresarial para poñer en marcha os grandes proxectos previstos para Galicia

Destaca que a nosa Comunidade está vivindo o maior ciclo inversor en sectores tradicionais pero tamén nos relacionados co I+D+i

11/04/2023 | 16:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca o proxecto innovador dos alumnos vigueses que representarán a España na final da First Lego League en Australia

A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou este martes o Colexio Montescatelo para coñecer ao equipo que viaxará a Sidney

11/04/2023 | 14:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que IndesIA é un exemplo do compromiso da iniciativa privada co desenvolvemento dunha economía baseada no uso de datos e na intelixencia artificial

Lembra que o Polo Aeroespacial de Galicia está traballando nun proxecto para obter, a través de vehículos aéreos non tripulados, algoritmos e solucións de intelixencia artificial que dean resposta ás necesidades das empresas

05/04/2023 | 18:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta ofrece a súa colaboración para impulsar a competitividade industrial de Navantia na ría de Ferrol

Avoga por manter un diálogo aberto e construtivo entre todas as partes implicadas na busca de solucións que garantan o futuro do estaleiro e, por extensión, de toda a comarca de Ferrolterra

04/04/2023 | 18:49 | C. de Economía e Industria; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta avalía con Fujitsu o novo computador cuántico do Centro de Supercomputación de Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde unha reunión técnica con representantes de Fujitsu España