Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 861 novas da área temática Economía:

10/01/2024 | 12:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo de solicitude do programa Bono Enerxía Peme

As axudas, destinadas a pemes e autónomos do sector servizos, contan cun orzamento de 3 M€ para actuacións de asesoramento enerxético profesional, mellora da envolvente, iluminación, instalacións eléctricas, equipamento, climatización e instalacións inmóticas para mellorar a xestión enerxética
 

09/01/2024 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa os apoios para que as pemes galegas contraten xestores de internacionalización e impulsen as súas vendas ao exterior

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria dotada con 1,3 millóns de euros cuxo obxectivo é facilitar a incorporación ao mercado laboral de profesionais con formación ou experiencia en comercio internacional de cara a apoiar ao tecido empresarial na busca de novos mercados

04/01/2024 | 10:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon ao grupo Ramón García como exemplo da capacidade de internacionalización e liderado do sector contract galego

A directora do Igape, Covadonga Toca, visita as instalacións da compañía en Ordes, onde pon en valor a experiencia e habilidades dunha industria que “ofrece os seus servizos a todo o mundo, convertendo Galicia nun referente internacional”

01/01/2024 | 14:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre mañá o prazo de solicitudes da primeira liña específica de apoio ás startups galegas

A Consellería de Economía, Industria e Innovación destina 1,5 M€ a este programa que cobre a totalidade dos gastos de lanzamento e consolidación de proxectos de emprendedores innovadores, ata un máximo de 20.000 euros

29/12/2023 | 14:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta aborda cos traballadores de Ferroglobe as medidas de apoio á industria electrointensiva

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co comité de empresa da factoría de Arteixo, no que se informou do estado de tramitación dos parques eólicos que poden abaratar os custos enerxéticos da compañía

28/12/2023 | 18:18 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Economía e Industria

A Xunta traslada aos traballadores de Alcoa o seu compromiso coa actividade industrial e o emprego

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuníronse con representantes do Comité de empresa da factoría lucense

27/12/2023 | 15:03 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o traballo do laboratorio de consumo de Galicia a prol da seguridade dos produtos

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou na Coruña este centro cuxo labor sitúa a Galicia como líder no control de produtos de consumo

26/12/2023 | 16:28 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pon en valor o fomento das vocacións científicas entre o estudantado que impulsa o CIS Galicia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Ferrol o campamento científico no que participan esta semana preto de 40 alumnos e alumnas de ESO