Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

16/02/2024 | 11:19 | C. do Medio Rural

O DOG publica a resolución das axudas para restaurar e reconverter 315 hectáreas de viñedo, cun investimento de más de 4 millóns de euros e 179 beneficiarios

O obxecto desta liña é aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas, mellorar os sistemas de produción sustentables e a pegada ambiental deste sector produtivo

15/02/2024 | 14:42 | C. do Medio Rural

A Xunta recoñece tres proxectos presentados no IV Foro de Innovación pola súa importancia para os sectores gandeiro, alimentario e forestal

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, entregou as mencións especiais a tres proxectos presentados no foro o pasado 2 de febreiro, pola súa relevancia, calidade e aplicabilidade

14/02/2024 | 14:23 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega no concello de Narón os títulos da parcelaria de Lago-Meirás-Val, que permitiu aumentar en máis do dobre o tamaño medio dos predios

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou esta mañá no acto de entrega dos títulos de propiedade aos veciños de Narón propietarios das fincas desta parcelaria, cunha superficie de case 1.190 hectáreas

13/02/2024 | 12:07 | C. do Medio Rural

O DOG publica a declaración de utilidade pública e interese social do polígono agroforestal de Loio, no concello lucense de Paradela

A iniciativa abrangue unha superficie de 23,23 hectáreas de terreo, distribuídas en 104 parcelas de 36 propietarios

12/02/2024 | 13:19 | C. do Medio Rural

A Xunta imparte en vindeiras datas novas xornadas formativas sobre poda na oficina agraria móbil, en Chantada e Monterrei

As xornadas formativas xa axendadas desenvolveranse o venres 16 no concello lucense de Chantada, sobre poda de maceiras, e o mércores 21 terá lugar na localidade ourensá de Monterrei, onde se abordará a poda en viñedo
 

10/02/2024 | 12:15 | C. do Medio Rural

A Xunta remata as obras da Oficina Rural de Monforte, que contaron cun investimento total de preto de 172.000 euros

Leváronse a cabo traballos de acondicionamento do interior da oficina e instalouse un punto de recarga de vehículos eléctricos

09/02/2024 | 14:28 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza nos traballos de posta a punto do polígono agroforestal de San Amaro, na provincia de Ourense

Esta iniciativa, enmarcada na Lei de recuperación da terra agraria, abrangue unha superficie de 28,03 hectáreas distribuídas en 422 parcelas de 146 propietarios

09/02/2024 | 13:21 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 4 M€ en axudas para a valorización e a segunda transformación da industria forestal madeira e do contract

Esta convocatoria incorpora diversas novidades, como dúas novas liñas de achegas, centradas na ecoinnovación e dixitalización, e a simplificación dos trámites administrativos
 

08/02/2024 | 15:20 | C. do Medio Rural

A Xunta constitúe o grupo de traballo que previrá e anticipará as enfermidades emerxentes que afectan á cabana gandeira

O seu obxectivo é crear sinerxías para reforzar a colaboración, a coordinación e o diálogo con todos os elos do sector agrogandeiro de Galicia, en beneficio de todos os produtores